Rodrigo de Quiroga
Rodrigo Camba López, máis coñecido como Rodrigo de Quiroga, nado en San Xoán de Abuíme, O Saviñao[1][2] en 1512 e finado en Santiago de Chile o 25 de febreiro de 1580, foi un adiantado, conquistador galego na Coroa Española, Gobernador do Reino de Chile en dúas ocasións.
Rodrigo de Quiroga | |
---|---|
Nacemento | 1512 |
Lugar de nacemento | O Saviñao |
Falecemento | 25 de febreiro de 1580 |
Lugar de falecemento | Santiago de Chile |
Nacionalidade | España |
Ocupación | explorador e militar |
Cónxuxe | Inés de Suárez |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi fillo de Hernando Camba de Quiroga e de María López da Ulloa. No ano 1535 viaxou ao Perú onde participou na exploración do Gran Chaco na expedición de Diego de Rojas. Anos máis tarde chegou a Chile acompañando o grupo dirixido polo conquistador castelán Francisco de Aguirre, que se uniu en Atacama. Xunto con Francisco de Villagra e Pedro de Valdivia, puxeron en marcha a conquista de Chile.
En 1565, sendo gobernador, nomeou tenente xeral ao vasco Martín Ruíz de Gamboa de Berriz, co que tiña vínculos familiares, pois estaba casado con súa filla Isabel de Quiroga. Gamboa realizou en 1567 a conquista do Arquipélago de Chiloé, que chamou de Nova Galicia en honra á terra do Gobernador e á semellanza ás paisaxes galegas, e tamén fundou a cidade de Castro, controlando os dóciles indios Cuncos.
NotasEditar
- ↑ Biografías y Vidas Micronet (en castelán).
- ↑ biografiadechile.cl (en castelán)
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Juan Ángel Sanz Aneiros: "El Diseño de Productos Filatélicos y su Papel en la difusión del Patrimonio de Galicia" UDC, 2015.