Rodrigo Maseda Lozano

policía galego


Rodrigo Maseda Lozano, nado en Burela cara a 1976[1] e finado na Coruña o 30 de xaneiro de 2012, foi un policía galego. Faleceu mentres tentaba rescatar unha persoa na praia do Orzán, e recibiu a título póstumo a Medalla de Ouro de Galicia.[2]

Infotaula de personaRodrigo Maseda Lozano
Biografía
Nacementoc. 1976 Editar o valor em Wikidata
Burela, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de xaneiro de 2012 Editar o valor em Wikidata (35/36 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolicía Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Na noite do 30 de xaneiro Maseda Lozano e mais outros dous compañeiros, Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez, lanzáronse ás augas do Orzán na tentativa de salvar a vida dun estudante eslovaco, Tomas Veliki. Porén, a forte corrente e as adversas condicións meteorolóxicas superaron os seus esforzos, resultando na súa morte. O seu corpo apareceu tres días despois na praia do Matadoiro.[3]

Recoñecementos editar

En honra á súa memoria e na dos outros compañeiros, celébrase anualmente o Memorial Heroes do Orzán - Rodrigo Maseda Lozano, un evento que reúne a mozos deportistas promovendo valores como o xogo limpo e a solidariedade entre os participantes. O torneo, organizado pola Fundación Indecum co apoio económico da Vicepresidencia da Deputación, conta cunha ampla participación e causa un positivo impacto social e económico positivo na comarca.[4]

  • Medalla de Galicia 2012.

Notas editar

  1. Tiña 35 anos cando faleceu.
  2. "A familia do policía burelao Rodrigo Maseda, finado na praia do Orzan, recolleu a medalla de ouro de Galicia". 2012-07-26. Consultado o 2024-02-29. 
  3. "Aparece o corpo doutro dos policías afogados no Orzán.". Radiofusion - A programación das Emisoras Municipais Galegas. 2012-02-02. Consultado o 2024-02-29. 
  4. "Volve o Memorial “Heroes do Orzán” Rodrigo Maseda Lozano". 2022-06-16. Consultado o 2024-02-29.