Rodrigo Álvarez Pardo

avogado e político galego

Rodrigo Álvarez Pardo, nado en Pontedeume cara a 1884 e finado no mesmo concello o 10 de agosto de 1936, foi un avogado e político galego.

Rodrigo Álvarez Pardo
Nacemento1884
Lugar de nacementoPontedeume
Falecemento10 de agosto de 1936
Lugar de falecementoPontedeume
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Ramón Álvarez González. Participou no movemento agrarista nos anos dez.[1] Foi fiscal municipal de Pontedeume (1910)[2] e secretario do Concello de Ares. Na Segunda República foi militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado en Pontedeume o 10 de agosto de 1936. Logo da súa morte foille incoado expediente de responsabilidades políticas, sendo sancionado con 200 pesetas. O 7 de marzo de 1948 a guerrilla axustizou ao falanxista José Manuel Otero Castro, acusado de ser o responsable da súa morte.[3]

Vida persoal editar

Casou con María Díaz Domínguez en 1926.[4]

Notas editar

  1. "Os solidarios ante o invicto marqués" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xuño de 2012. Consultado o 01 de abril de 2017. 
  2. El Correo de Galicia, 2-8-1910, p. 2.
  3. Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. p. 101. ISBN 978-84-8341-166-7. 
  4. Correo de Galicia, 12-12-1926, p. 6.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar