Robustiano Sánchez Vila
Robustiano Sánchez Vila, coñecido como El sapo, nado en Ponteareas en 1900 e finado en Valladolid en marzo de 1941, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 ![]() Ponteareas, España ![]() |
Morte | marzo de 1941 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Traxectoria
editarMecánico e serrador. Militante do PSOE e delegado de Traballo da Fábrica Candeira. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Encartadao na causa 1.284/36 de Vigo por rebelión, foi declarado en rebeldía.[1] Entregouse en 1939. Foi xulgado en Vigo por auxilio á rebelión e condenado a prisión atenuada no seu domicilio. En decembro de 1940 foi levado ao Manicomio Provincial de Valladolid, onde morreu en marzo de 1941.
Vida persoal
editarCasou en 1928 con Genoveva Villar Táboas,[2] que logo do golpe de Estado foi detida e estivo presa en Ponteareas.[3]
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 4-12-1936, p. 4.
- ↑ El Tea, 13-5-1928, p. 3.
- ↑ Martins Rodríguez, María Victoria (2011). "Cárceles y mujeres en Galicia durante el franquismo". Stud. hist., H.ª cont. (Universidad de Salamanca) (29): 87–117.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Rodriguez Gallardo, Ángel (2006). O ruído da morte. A represión franquista en Ponteareas (1936-1939. Sada: Do Castro.
Ligazóns externas
editar- Robustiano Sánchez Vila na páxina web Nomes e Voces.