Robert Topala
Robert Nicholas Christian Topala, nado o 23 de febreiro de 1987 en Suecia é un desenvolvedor, deseñador, animador e músico de videoxogos sueco coñecido por ser o creador de Geometry Dash e os xogos derivados do mesmo.
Nome orixinal | (sv) Robert Nicholas Christian Topala |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Robert Nicholas Christian Topala 23 de febreiro de 1987 (37 anos) Suecia |
Outros nomes | Robert Topala, RobTop, RubRub.[a] |
País de nacionalidade | Sueca |
Q89547790 | Creador de Geometry Dash. |
Actividade | |
Ocupación | Desenvolvedor, deseñador, animador e músico de videoxogos. |
Premios | |
Botóns de YouTube 100 000 subscritores 1 000 000 subscritores 10 000 000 subscritores | |
Sitio web | robtopgames.com |
Traxectoria
editarMocidade
editarCreceu xogando a videoxogos, en especial a Super Mario Bros., o que lle fixo interesarse polos mesmos. Este interese, principalmente nos videoxogos de plataformas causado por Super Mario foi o que anos despois inspiroulle á creación dos proxectos coma Geometry Dash entroutros.[1]
Primeiros anos
editarAínda que RobTop é coñecido por Geometry Dash non foi o primeiro videoxogo que creou. Anos antes, creara moitos outros proxectos, pero dos que non se ten moita información.
Comezou a súa carreira coma desenvolvedor no sitio web de Newgrounds creando diversos proxectos. O primeiro que se coñece foi a animación «Constant Struggle» creada o 18 de decembro de 2007, cando asociouse con dous amigos para crealo. Mencionou anos despois nunha entrevista que «podería ser un proxecto divertido e que inclusive podería xerar un pouco de diñeiro», polo que non era só un pasatempo.[2]
Anos despois, seguía a usar Newgrounds, sendo outra das súas creacións máis notables a creada o 6 de xuño de 2010, o videoxogo de plataformas web Bounce Ball Thingy. Este foi ademais o último proxecto que desenvolveu mentres estudaba na universidade enxeñaría civil, pois máis tarde a abandonará polo seu interese na industria dos videoxogos.[1]
Rune Digital e RobTop Games
editarDous anos despois fundou a compañía de videoxogos Rune Digital (tamén coñecida como Rune Digital Handelsbolag).[3] Ese mesmo 2012 xa estaban a desenvolver o videoxogo de plataformas de dispositivos móbiles (iOS e Android) Forlorn que gañou o Premio sueco de videoxogos, da categoría «Mellor videoxogo de teléfono móbil de 2012», que extrañamente nunca se lanzaría.[4] Ao ano seguinte tamén comenzaron o desenvolvemento de Kingdom Escape, pero que eventualmente tampouco se lanzou.[5]
Pouco tempo despois do desenvolvemento de Kingdom Escape Topala decidiu separarse da compañía, fundando en solitario RobTop Games, da que a día de hoxe segue pertencendo. O primeiro videoxogo que desenvolveu na compañía foi Boomlings, un xogo cun estilo parecido ao Candy Crush Saga aínda que cunhas mecánicas e habilidades especiais diferentes. Pouco despois lanzaría o spin-off Boomlings MatchUp e Memory Mastermind.[6][7][8]
O mesmo ano do lanzamento de Boomlings e Memory Mastermind anunciaría o 29 de abril de 2013 Geometry Jump, que máis tarde pasaría a denominarse Geometry Dash, por problemas de dereitos de autoría na App Store (iOS).[9] Cos poucos coñecementos básicos de código de programación que foi aprendendo ao longo da súa carreira, lanzaríao o 13 de agosto de 2013 para dispositivos móbiles, e o 22 de decembro de 2014 para a plataforma de distribución dixital Steam (Microsoft Windows e macOS).[2][10][11]
Mencionou nunha entrevista que, en realidade, o desenvolvemento de Geometry Dash foi improvisado. Comezou como unha pantalla dun cubo que podía estrelarse e saltar dependendo de certas interaccións. Este pequeno desenvolvemento e a súa paixón polos xogos plataforma foron o que o impulsaron a engadir cada vez máis contido, ata o xogo do lanzamento, que en realidade non sería a versión final, pois seguiría a actualizalo ata día de hoxe.[1]
O punto de inflexión para o xogo foi coa actualización 1.9, que volveu a colaborar con Newgrounds para incluír un sistema de música personalizada nos niveis.[12]
Uns anos despois da dita actualización, Topala xunto cun familiar seu, Nicolaeu Topala, fundarían Fäbodarna AB, compalía adicada a posuír e administrar inmobles de cabalos deportivos e a súa cría, procesamento e venda.[13]
Videoxogos
editarAno | Videoxogo | Plataforma | Rol | Plataforma | Ref(s) |
---|---|---|---|---|---|
2012 | Boomlings | Distribuídor, desenvolvedor e deseñador | [14][15] | ||
2013 | Memory Mastermind | [7] | |||
Boomlings MatchUp | [16][8] | ||||
Geometry Dash | [11][10] | ||||
Geometry Dash Lite | [17] | ||||
2015 | Geometry Dash Meltdown | [18][19] | |||
2016 | Geometry Dash World | [20][21] | |||
2017 | Geometry Dash SubZero | [22][23] |
Notas
editar- ↑ Estes alcumes teñen diferentes orixes. Robert Topala coma un hipocorístico do seu nome, RobTop coma acrónimo do seu nome real (Robert e Topala) e RubRub é a firma que usa para os seus comunicados.
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Dormehl, Luke (27 de xuño de 2014). "Smart strategies fuel Geometry Dash’s slow jog to success". Cult of Mac (en inglés).
- ↑ 2,0 2,1 "Prioritize players and their experience to succeed in gaming". Gamasutra (en inglés). 2 de novembro de 2015.
- ↑ "Rune Digital Handelsbolag". Ratsit. 7 de febreiro de 2012.
- ↑ "Forlorn - Best Mobile Game". Premios suecos de Videojuegos. Véase la columna de 2012, y tercera ficha (en inglés).
- ↑ "Rune Digital Team". Google Drive (en inglés). 16 de outubro de 2018.
- ↑ "Boomlings by RobTop Games". XDA Developers (en inglés). 5 de novembro de 2012.
- ↑ 7,0 7,1 "Memory Mastermind by RobTop Games". XDA Developers (en inglés). 17 de xaneiro de 2013.
- ↑ 8,0 8,1 "Boomlings MatchUp by RobTop Games". XDA Developers (en inglés). 5 de febreiro de 2013.
- ↑ "Upcoming game". XDA Developers (en inglés). 29 de abril de 2013.
- ↑ 10,0 10,1 "Geometry Dash is out on Steam!". Twitter. (Tuit) (en inglés). 22 de decembro de 2014.
- ↑ 11,0 11,1 "Geometry Dash by RobTop Games". XDA Developers (en inglés). 13 de agosto de 2013.
- ↑ RobTop (1 de febreiro de 2017). "Geometry Dash + Newgrounds" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2018.
- ↑ "Fäbodarna AB". allabolag.se. 13 de marzo de 2017.
- ↑ Caplan, Lisa (24 de maio de 2012). "Boomlings Review". 148Apps (en inglés).
- ↑ Rasto (7 de novembro de 2012). "Boomlings Review (Android)". AndroidEntity (en inglés).[Ligazón morta]
- ↑ Conner, Chris (23 de marzo de 2013). "BoomLings MatchUp! – Review". iPhoneGamerUK.
- ↑ "Geometry Dash Lite is out". XDA Developers (en inglés). 15 de setembro de 2013.
- ↑ Nelson, Jared (16 de decembro de 2015). "'Geometry Dash Meltdown' Trailer Released, Coming December 19th". TouchArcade (en inglés).
- ↑ "Geometry Dash Meltdown Review: Squarely A Challenge". GameZebo. Review por Tom Christiansen. (en inglés). 31 de xaneiro de 2015. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ Crider, Michael (26 de decembro de 2016). "Geometry Dash World expands on the frantic music-runner gameplay of the original". Android Police (en inglés).
- ↑ "Geometry Dash World Review: It’s A Mad World". GameZebo. Review por Harry Slater. (en inglés). 1 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ Sholtz, Matthew (22 de decembro de 2017). "'Geometry Dash SubZero' is the latest stand-alone expansion for RobTop Games' Geometry Dash series". Android Police (en inglés).
- ↑ Linares, Iván (26 de decembro de 2017). "Vuelve el juego de plataformas más simple y musical: Geometry Dash Subzero". El androide libre.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Robert en Newgrounds.