Robert Mills

físico estadounidense

Robert L. Mills, nado en Englewood (Estados Unidos de América) o 15 de abril de 1927 e finado en Charleston (EUA) o 27 de outubro de 1999, foi un físico, especializado na teoría cuántica de campos, teoría de aliaxes, e teoría de moitos corpos.

Robert Mills
Nacemento15 de abril de 1928
 Englewood
Falecemento27 de outubro de 1999
 Charleston
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Columbia
Ocupaciónfísico e físico teórico
PaiFrederick Cecil Mills
PremiosPrêmio Rumford
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Mills naceu en Englewood, Nova Jersey (EEUU),[1] e graduouse na 'George School'. Despois estudou no Columbia College, entre 1944 e 1948, mentres estaba destinado nos gardacostas. Mills amosou a súa habilidade matemática gañando a Competición Matemática William Lowell Putnam en 1948, e rematando como primeiro da clase no correspondente 'Tripos' (nome que se lles da na institución a cada unha das liñas de estudos posibles). Fixo un máster na Universidade de Cambridge, e o doutorado en física con Norman Kroll, na Universidade de Columbia en 1955. Despois dun ano no Instituto de Estudos avanzados de Princeton, New Jersey, foi profesor de física na Universidade Estatal de Ohio dende 1956 ata o seu retiro en 1995.[2]

Cando compartían unha oficina no Brookhaven National Laboratory, en 1954, Chen Ning Yang e Mills propuxeron unha ecuación tensorial (agora coñecida como campo Yang-Mills). Esta ecuación redúcese ás Ecuacións de Maxwell como un caso especial (ver teoría gauge:

 .

Mills e Yang gañaron en 1980 o 'Rumford Premium Prize' da Academia Americana de artes e Ciencias (AAAS) polo seu "desenvolvemento dunha teoría xeneralizada de campo gauge invariante" no 1954.

NotasEditar

  1. Staff. A COMMUNITY OF SCHOLARS: The Institute for Advanced Study Faculty and Members 1930-1980, p. 292. Institute for Advanced Study, 1980. Consultado o 22 de novembro de 2015. "Mills, Robert L. 55-56 M(NS), Theoretical Physics Born 1927 Englewood, NJ."
  2. The New York Times. "Dr. Robert Mills, 72, Contributed to Study of Subatomic Particles", South Florida Sun-Sentinel, 31 de outubro de 1999. Consultado o 2 de novembro de 2012. "Dr. Mills, who lived in Columbus, was born on April 15, 1927, in Englewood, N.J."

Véxase taménEditar

Ligazón externasEditar