Abrir o menú principal

Robert John Lechmere Guppy

Robert John Lechmere Guppy (15 de agosto de 1836 en Londres – 5 de agosto de 1916 en San Fernando, Trinidad e Tobago) foi un naturalista nacido en Inglaterra cuxo apelido deu nome ao peixe guppy.

Robert John Lechmere Guppy
Nacemento15 de agosto de 1836
 Londres
Falecemento5 de agosto de 1916
 San Fernando
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Ocupaciónzoólogo, naturalista e botánico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi un dos catro fillos de Robert Guppy, un avogado e alcalde de San Fernando (illa de Trinidad), e de Amelia Parkinson, unha pintora e unha das pioneiras da fotografía, que navegou polo río Orinoco acompañada por uns poucos indios nativos. A Robert John, ao que lle chamaban xeralmente "Lechmere", foi criado polos seus avós, Richard Parkinson e Lucy Lechmere, en Kinnersley Castle, un castelo normando do xéculo XIII situado en Herefordshire. Richard Parkinson quería que Lechmere se fixese cargo do castelo, algo no que el non estaba interesado. Cando herdou certo patrimonio doutro parente, abandonou Inglaterra á idade de 18 anos e navegou e sufriu un naufraxio chegando ás costas de Nova Zelandia en 1856. Despois de vivir alí co pobo maorí durante dous anos e de facer mapas da rexión, Lechmere partiu de Nova Zelandia en dirección a Trinidad, onde estaban vivindo os seus pais. Casou con Alice Rostant, a filla dun facendado crioulo francés local e descendente dos condes de Rostant, aristócratas franceses que fuxiran a Trinidad escapando da Revolución francesa e converteuse no primeiro Superintendente de Escolas de Trinidad. Aínda que R. J. L. Guppy non tiña formación formal en ciencias naturais (era enxeñeiro civil de oficio)[1] escribiu e publicou numerosos artigos sobre a paleontoloxía da rexión. Aínda que se chegou rumorear que fora crego, en realidade Robert Guppy era agnóstico.[1]

Guppy estudou o peixe que despois se chamaría guppy en Trinidad en 1866, e enviou exemplares museos británicos. O peixe foi denominado Girardinus guppii no seu honor por Albert C. L. G. Günther ese mesmo ano. Porén, a especie fora previamente descrita en América e o outro nome tiña preferencia. En consecuencia Girardinus guppii é agora considerado un sinónimo júnior do nome científico hoxe aceptado, Poecilia reticulata; porén "guppy" seguiu utilizándose como o nome común do peixe.

Bibliografía do autorEditar

(incompleta)

NotasEditar

Véxse taménEditar

BibliografíaEditar

  • Harris G. D. (1921) "A reprint of the more inaccessible paleontological writings of Robert John Lechmere Guppy". Bulletins of American Paleotology 8(35): 149-346, plates 5-14.