Robert Crippen

Astronauta estadounidense

Robert Laurel Crippen, nado en Beaumont (Texas) o 11 de setembro de 1937, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-1, STS-7, STS-41-C e STS-41-G. Pasou un total de 23,57 días no espazo.[1]

Robert Crippen
Robert Crippen.jpg
Datos persoais
Nacemento11 de setembro de 1937
LugarBeaumont
Actividade
MisiónsSTS-1, STS-7, STS-41-C e STS-41-G
Tempo no espazo23,57 días
PremiosDistinguished Flying Cross (Estados Unidos), Harmon Trophy, Medalha de Honra Espacial do Congresso, Nacional Aviación Hall of Fame, Dr. Robert H. Goddard Memorial Trophy, Defense Meritorious Service Medal, NASA Outstanding Leadership Medal, Medalha de Serviço Distinto da NASA, United States Astronaut Hall of Fame e Hubbard Medal
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Crippen é graduado en enxeñería aeroespacial pola Universidade de Texas en 1960.[1]

Converteuse en astronauta da NASA en setembro de 1969. Foi membro do soporte dos astronautas das misións Skylab 2, 3, 4 e durante a misión ASTP. Foi piloto da misión STS-1, a primeira misión do transbordador espacial, así como comandante das misións STS-7, STS-41-C e STS-41-G. Pasou un total de 23,57 días no espazo.[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "Crippen, Robert Laurel 'Crip'" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2019. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar