Robbie Hummel
Robert John "Robbie" Hummel, nado o 8 de marzo de 1989 en Valparaiso, Indiana, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense, e actual comentarista de televisión.
Posición | Ala / Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 8 de marzo de 1989 (35 anos) Valparaiso, Indiana |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 99 kg (219 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Valparaiso (Valparaiso, Indiana) |
Universidade | Purdue (2007–2012) |
NBA Draft | 2012 / Rolda: 2 / Elección: 58 Por Minnesota Timberwolves |
Carreira | dende 2012 |
Historial de equipos | |
Obradoiro CAB (2012−2013) Minnesota (2013−2015) Olimpia Milano (2015−2016) Khimki (2016−2017) |
Instituto
editarHummel acudiu ó Valparaiso High School en Valparaiso, Indiana. Xogou para o adestrador Bob Punter, e xogou xunto ó que sería o seu compañeiro no primeiro ano de universidade, Scott Martin. Hummel fixo 15.7 puntos, 7.1 rebotes e 4.1 asistencias por partido na súa derradeira tempada no instituto.
Traxectoria universitaria
editarHummel converteuse no 44º xogador na historia de Purdue en anotar máis de 1000 puntos, superando esa marca o 9 de xaneiro de 2010, tras anotar 13 puntos na derrota por 73-66 contra Wisconsin.[1] Ó remate da súa carreira universitaria, marcada polas múltiples lesións, finalizou con 1772 puntos, 862 rebotes, 268 asistencias, 132 roubos e 112 tapóns.
Traxectoria profesional
editarO 28 de xuño de 2012, Hummel foi elixido na 58ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Minnesota Timberwolves.
O 8 de agosto de 2012, asinou un contrato dun ano co Obradoiro CAB.[2] Nunha tempada, xogou 28 partidos, onde acadou 10.2 e 3.9 rebotes por encontro, converténdose nun dos xogadores clave para que o Blu:Sens Monbús alcanzara os Playoffs da Liga ACB por primeira vez na súa historia.
O 26 de setembro de 2013, Hummel asinou cos Minnesota Timberwolves.[3]
Notas
editar- ↑ "Purdue Boilermakers – Wisconsin Badgers Box Scores, Game Results & Summary". USA Today. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2010. Consultado o 29 de decembro de 2010.
- ↑ "Robbie Hummel, novo xogador do Blusens Monbus". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013.
- ↑ Wolves Sign Brown, Hummel And Jeffers To Camp Roster
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 22 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
- Biografía en Purdue (en inglés)
- Perfil en CBSSports.com Arquivado 21 de abril de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)