Ro ou Rho (grego: Ρω) é unha pequena illa grega no leste do mar Mediterráneo preto de Kastellorizo, preto da costa turca. É parte da municipalidade de Megisti, na prefectura do Dodecaneso.

Ro
Ρω
Localización da illa
Situación
PaísGrecia
Periferias de GreciaExeo Meridional
ArquipélagoDodecaneso
MarMar Exeo
Coordenadas36°09′19″N 29°29′50″L / 36.15528, -29.49722Coordenadas: 36°09′19″N 29°29′50″L / 36.15528, -29.49722
Xeografía
Superficie1´476 km²
Longura máxima2´63 km.
Largura máxima0'700
Punto máis alto87 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada (2011)
Lingua propiaGrego

Xunto con outros illotes da rexión circundante, Ro foi obxecto dunha disputa de soberanía na década de 1920 entre Turquía e Italia, que nese momento estaba en posesión de Kastelorizo e as illas do Dodecaneso. A controversia resolveuse nun tratado de 1932, que asignou Ro do lado italiano. Para rematar, pasou á soberanía grega en 1947, xunto coas outras antigas posesións italianas no mar Exeo.

Ro estivo deshabitada a maior parte da historia, agás da muller grega que a fixo famosa, Despina Achladioti. Cada día, Achladioti, tamén coñecida como a Señora de Ro, izaba na illa unha bandeira grega, claramente visible desde o territorio turco, ata a súa morte en 1982.

Unha pequena unidade militar grega ten base agora na illa, co deber primordial de continuar a tradición de izar a bandeira, establecida por Achladioti. O censo de 2011 non reflicte residentes permanentes.

O illote denomínase Kara Ada en turco.

Referencias

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar