Ringo Lam

Ringo Lam, nado en Hong Kong o 8 de decembro de 1955 e finado en Ma On Shan (Hong Kong) o 29 de decembro de 2018, foi un director de cine chinés coñecido polos seus filmes de acción.

Ringo Lam
Ringo Lam.jpg
Nacemento8 de decembro de 1955
Lugar de nacementoHong-Kong británico
Falecemento29 de decembro de 2018
Lugar de falecementoHong Kong
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeRepública Popular da China
Alma máterYork University
Ocupacióndirector de cinema, guionista e produtor de cinema
Na rede
IMDB: nm0482681 Allocine: 6300 Rottentomatoes: celebrity/ringo_lam Allmovie: p98521 Metacritic: person/ringo-lam TV.com: people/ringo-lam
iTunes: 251599459 Find a Grave: 210011421 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Traballou como axudante de produción e produtor para a televisión. En 1978 marchou para o Canadá e estudou na escola de cine de York University, Toronto. En 1981 o seu amigo Chow Yun-fat animouno para que volvese a Hong Kong e conseguiu axuda para realizar a súa primeira película, Yam yeung choh (Espírito de amor) en 1983.

En 1987 con Lung fu fong wan (Cidade de lume) conseguiu a súa obra máis celebrada que vai estar na base da película de Quetin Tarantino Reservoir Dogs.

Dirixiu a Jean Claude Van Damme en Maximum Risk (1996), Replicant (2001) e Salvaxe (2003).