Richmond Football Club

O Richmond Football Club, alcumados os Tigers (do inglés: Tigres), é un club de fútbol australiano con sede en Richmond, Melbourne, Victoria. O club foi fundado en 1885, contanto cun equipo masculino na Australian Football League (AFL) e feminino na AFL Women's (AFLW). Antes de unirse á Victorian Football League (actual AFL) en 1908, o equipo competía na Victorian Football Association (VFA), onde gañou dous premierships. Desde aquela, o equipo conseguiu trece títulos da AFL, sendo o último en 2020. O equipo ten a súa sede e campos de adestramento no primeiro estadio no que xogou, o Punt Road Oval. Este estadio, con capacidade para 6 000 espectadores, é actualmente utilizado tanto polo equipo feminino como polo equipo reserva da Victorian Football League (VFL). Este estadio é adxacente ao actual recinto de xogo dos Tigers, o Melbourne Cricket Ground, estadio con capacidade para 100 024 espectadores. O equipo viste tradicionalmente un guernsey (uniforme) negro cunha faixa amarela. A canción do equipo é We're From Tigerland.[1]

Richmond Football Club
Nome
CompletoRichmond Football Club Limited
Alcume(s)Tigers, Tiges
CanciónWe're From Tigerland
Temporada 2020
After finalsPremiers
Liga
GoleadorJack Riewoldt (33 goles)
MellorJayden Short (Jack Dyer Medal)
Detalles do club
Fundación1885 (139 anos)
CidadeVictoria Melbourne, Victoria
Cores     Amarelo      Negro
CompeticiónAFL: Sénior masculino
AFLW: Sénior feminino
PresidentePeggy O'Neal
CEOBrendon Gale
AdestradorAFL: Damien Hardwick
AFLW: Ryan Ferguson
Capitán(s)AFL: Trent Cotchin
AFLW: Katie Brennan
PremiershipsVFL/AFL (13)
  • 1920
  • 1921
  • 1932
  • 1934
  • 1943
  • 1967
  • 1969
  • 1973
  • 1974
  • 1980
  • 2017
  • 2019
  • 2020
Estadio(s)Melbourne Cricket Ground (100 024)
Uniformes
Casa
Fóra
Clash
Outra información
Páxina webrichmondfc.com.au

Notas editar

  1. "Lyrics to Richmond theme song ‘We’re from Tigerland’"". news.com.au (en inglés). 24 de setembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar