5-Metiluridina

composto químico
(Redirección desde «Ribotimidina»)

A 5-metiluridina, tamén chamada ribotimidina[1], é un nucleósido de pirimidina. É o equivalente como ribonucleósido do desoxirribonucleósido timidina, ao cal lle falta un grupo hidroxilo na posición 2'. A 5-metiluridina contén unha base timina enlazada ao azucre ribosa. Pode obterse ao degradar os ARNt,[2] xa que é unha das bases raras que se encontra no brazo T (ou TΨC) do ARNt.

5-Metiluridina
Identificadores
Número CAS 1463-10-1
PubChem 445408
ChemSpider 1363755
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C10H14N2O6
Masa molecular 258,23 g/mol
Punto de fusión 185 °C

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.