Rexión de Otago
Coordenadas: 45°17′S 169°56′L / -45.283, -169.933
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Otago é unha rexión de Nova Zelandia, situada no sueste da Illa Sur.
EtimoloxíaEditar
O nome "Otago" é a versión inglesa da palabra do dialecto maorí Kai Tahu, "Otakou".
Xeografía e historiaEditar
A rexión ocupa unha superficie de 31 241 km², o que a converte na segunda maior rexión do país. No censo de 2005, a súa poboación era de 181 542 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 7,34 hab./km².
As maiores localidades son Dunedin (a principal cidade e capital da rexión), Oamaru (famosa grazas a Janet Frame), Balclutha, e Alexandra, e os centros turísticos de Queenstown e Wanaka.
Kaitangata, no sur de Otago, posúe unha importante mina de carbón. Os ríos Waitaki e Clutha xeran unha importante cantidade de enerxía hidroeléctrica.
A primeira universidade de Nova Zelandia, a Universidade de Otago, fundouse en 1869 como universidade provincial en Dunedin.
A área central da provincia produce viños de excelente calidade, feitos con variedades como Pinot noir, Chardonnay, Sauvignon Blanc, Merlot e Riesling.
A vila de Otakou, na península Otago foi unha base baleeira durante os primeiros anos do asentamento de europeos na costa leste de Murihiku ao redor de 1840.
GaleríaEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Otago |
Ligazóns externasEditar
- Páxina web oficial (en inglés)