Revolución armenia de 2018

A revolución armenia de 2018 (máis coñecida en Armenia como #MerzhirSerzhin (en armenio: ՄերժիրՍերժին), que significa #RexeitaSerzh) consistiu nunha serie de manifestacións convocadas en abril de 2018. Leváronse a cabo manifestacións nas que participaron decenas de miles de persoas en Armenia, particularmente na capital, Iereván. O seu líder foi o principal opositor do goberno, Nikol Pashinyan, quen dende o 23 de abril é o primeiro ministro do país, e que chegou a denominar o movemento como a revolución de Veludo armenia (Թավշյա հեղափոխություն).[1] As protestas e as marchas ían en contra do terceiro mandato consecutivo de Serzh Sargsyan como a figura máis poderosa do goberno da República de Armenia. Sargsyan fora elixidido primeiro ministro o 17 de abril, mais seis días despois da súa toma de posesión, dimitiu por mor das protestas[2][3] e recoñeceu que "estaba trabucado, mentres que Nikol Pashinyan tiñan razón".[4][5] Este feito foi declarado por algúns analistas como unha revolución non-violenta similar a outras acontecidas en antigos estados soviéticos.[6][7]

Manifestación na Praza da República de Iereván o 22 de abril de 2018.
Nikol Pashinyan nunha manifestación o 17 de abril de 2018.

Desenvolvemento editar

As manifestacións e as protestas comezaron en marzo de 2018, cando os membros do Partido Republicano non excluíron a opción de nomear a Serzh Sargsyan para o posto do primeiro ministro.[8] Os manifestantes prometeran bloquear a sede do partido o 14 de abril, onde os líderes se reunirían para nomear formalmente a Serzh Sargsyan como primeiro ministro.[9] O Partido Republicano celebrou a súa reunión fóra da capital Iereván e votou por unanimidade nomear formalmente a Serzh Sargsyan para o cargo de primeiro ministro. O socio da coalición Federación Revolucionaria Armenia (ARF-D) apoiou a decisión do Partido Republicano gobernante.[10]

O luns 16 de abril, a campaña Toma un paso, rexeita a Serzh comezou accións de desobediencia civil. O 17 de abril, o día da elección do primeiro ministro, os manifestantes tentaron bloquear as entradas ao edificio da Asemblea Nacional para evitar que se votase. As liñas da policía antidisturbios impedíronlles avanzar máis cara ao edificio da Asemblea Nacional.[11]

Despois da elección do expresidente Serzh Sargsyan como novo primeiro ministro, as protestas continuaron medrando, a pesar de que centos de persoas foron detidas pola policía. En resposta, o primeiro ministro pediulle ao goberno que recuperase a mansión presidencial que lle regalora unhas semanas antes. As multitudes chegaron a 50 000 persoas na noite do 21 de abril, con innumerables peches de rúas esporádicos na capital, que tamén comezaron a estenderse por todo o país.[12][13]

A medida que o xentío aumentaba, o novo primeiro ministro chamaba repetidamente ás conversacións co líder do movemento de protesta, Nikol Pashinyan, aínda que Pashinyan dixera que só estaba disposto a discutir os termos da renuncia do primeiro ministro.[14] As protestas renováronse o 23 de abril, e os medios informaron que membros anteriores e actuais das forzas armadas armenias, incluídos os participantes do conflito en Nagorno-Karabakh de abril de 2016, uníronse por primeira vez aos mitins. Esta información foi confirmada posteriormente polo Ministerio de Defensa armenio.[15]

O líder das protestas Nikol Pashinyan convocou a novas protestas o 25 de abril despois de que as conversacións co Partido Republicano se cancelaran por mor da negativa de Karen Karapetyan a aceptar as condicións previas establecidas por Pashinyan. Anteriormente, Pashinyan afirmou que o Partido Republicano non tiña dereito a ostentar o poder en Armenia, e que o "candidato do pobo" debería ser nomeado primeiro ministro antes de celebrar eleccións anticipadas. Agregou que o movemento de protesta debería nomear a este primeiro ministro de transición, un posto que o goberno actual rexeitaba porque violaría a lei.[16] Os manifestantes tomaron as rúas para bloquear o camiño ao aeroporto internacional de Iereván e a estrada que conduce á fronteira con Xeorxia. Mentres tanto, tanto o próspero partido de Armenia como a Federación Revolucionaria Armenia declararon o seu apoio ao movemento de Pashinyan. Pashiniyan prometeu continuar as protestas ata que fora nomeado primeiro ministro.[17]

O Parlamento celebrou eleccións para un novo Primeiro Ministro, con Pashinyan, o líder da oposición, como único candidato, e máis de 100.000 persoas viron a sesión de 9 horas en vivo na Praza da República. Con todo, o partido maioritario bloqueou o seu nomeamento ao votar contra el cunha excepción. Despois das eleccións, cantantes armenios prominentes como Iveta Mukuchyan e Sona Shahgeldyan presentáronse ante a multitude e fixeron discursos inspiradores. Pashinyan camiñou cara á Praza da República e díxolle á multitude que se puxese en folga ao día seguinte e bloquease todo o transporte desde as 8:15 da mañá até as 5 da tarde, e logo reuniuse para outra manifestación na Praza da República. A nación detívose cando innumerables rúas e autoestradas foron bloqueadas pacificamente en toda a nación, e moitos traballadores e empresas declaráronse en folga. O principal camiño de acceso ao aeroporto foi cortado, con algúns traballadores en folga, e mesmo as cruces de terra foron bloqueados. 150.000 persoas reuníronse na Praza da República para escoitar a Pashinyan falar, e díxoselles que, debido á folga, o partido gobernante decidira apoiar a súa candidatura na próxima rolda de votación.[18] Unha semana máis tarde, o 8 de maio, tivo lugar unha segunda votación e Pashinyan foi elixido primeiro ministro con 59 votos.[19][20]

Notas editar

  1. Crisis Group, ed. (26 de abril de 2018). "“Velvet Revolution” Takes Armenia into the Unknown" (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  2. "Премьер-министр Армении Саргсян подал в отставку" (en ruso). Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  3. "Breaking: Serge Sarkisian Resigns as Prime Minister" (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  4. "Премьер-министр Армении Саргсян подал в отставку". РБК (en ruso). Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  5. Hairenik (23 de abril de 2018). "Breaking: Serge Sarkisian Resigns as Prime Minister". The Armenian Weekly (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  6. "Armenia's Peaceful Revolution Is a Lesson for Putin". Bloomberg.com (en inglés). 23 abril 2018. Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  7. "Armenian Revolution: Russian influence to remain amid power shift" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  8. "Armenian soldiers join anti-government protests in Yerevan" (en inglés). 23 de abril de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  9. "ARF-D backs decision to nominate Serzh Sargsyan for prime minister" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  10. "Sargsyan officially nominated for office amid continuing protests" (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  11. "Arminfo: Armenian opposition continues protests against Serzh Sargsyan`s  premiership" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  12. "Armenian Police Struggle To Contain Continuing Protests" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  13. "More People Detained In Anti-Sarkisian Protests" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  14. "Arminfo: Armenian opposition continues protests against Serzh Sargsyan`s  premiership" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  15. "Live Stream: Fresh Protests In Armenia" (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  16. "Armenian Opposition Leader Calls For Renewed Protests After Talks Canceled" (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  17. "Dashnaktsutyun Quits Armenian Government" (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  18. "Armenia's pro democracy movement defiant in face of Parliament" (en inglés). 
  19. Roth, Andrew (8 de maio de 2018). "'He's not a populist, he's popular': Nikol Pashinyan becomes Armenian PM". the Guardian (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  20. "Revolution sweeps Armenian opposition leader into power" (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar