Retóxenes Caraunio

Retóxenes, alcumado Caraunio (en latín Rhetogenes Caraunius), finado en 133 a.C., foi recoñecido como o máis valente guerreiro da cidade arévaca de Numancia. Heroe da guerra dos celtiberos contra Roma, durante o cerco que Numancia sufriu baixo o xugo romano, eludiu o cerco para pedir axuda e morreu cando as tropas romanas entraban na mesma.

Retóxenes Caraunio
Nacementoséculo II a. C.xuliano
Falecemento133
Lugar de falecementoNumancia
Ocupaciónguerreiro e caudilho
editar datos en Wikidata ]

A súa actitude resistente fixo del un símbolo da loita polas súas terras e pola liberdade ante a ameaza de que os habitantes do seu pobo se convertesen de forma inevitábel en escravos baixo a dominación romana. Ao eludir o cerco romano, conseguiu chegar a Lutia, xa que as outras cidades ás que se pediu axuda (Termancia e Uxama) se negaron por medo ás represalias de Escipión Emiliano.

Os mozos de Lutia simpatizaron coa rebeldía de Retóxenes e decidiron prestarlle axuda pero os anciáns, medorentos das represalias que puidesen sufrir por parte dos romanos, decidiron informar a Escipión. Este marchou sobre Lutia e apresou a 400 homes novos, aos que mandou cortar a man dereita impedíndolles así levantar a súa espada contra Roma e morrer en combate de forma honrosa. Entre estes 400 homes, podíase atopar Retóxenes. Máis tarde déuselle morte e foi deixado fronte ás murallas da cidade numantina.

PosteridadeEditar

Caraunio é tamén o título da adaptación á linguaxe da banda deseñada desta historia. A obra foi publicada en 2007 por Enrique Jiménez Beneite.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar