Resident Evil Dead Aim

Resident Evil Dead Aim é un videoxogo creado por Capcom pertencente á serie Resident Evil para a videoconsola PlayStation 2. No Xapón titulouse Gun Survivor 4: Biohazard - Heroes Never Die. Saíu ao mercado no ano 2003.

Resident Evil Dead Aim
Desenvolvedor(es)Capcom
Distribuidora(s)Capcom
Compositor(es)Nobuyoshi Sano
Lanzamento13 de febreiro de 2003
Xénerolight-gun shooter e videojogo com personagem LGBT
Modos de xogovideoxogo para un xogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)PlayStation 2
Na rede
http://www.capcom-europe.com/residentevil/deadaim/ e http://www3.capcom.co.jp/gunsurvivor4/
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Tras a destrución de Raccoon City un cargamento do virus T é roubado. O goberno estadounidense envía a un axente chamado Bruce McGivern para obter información do incidente. O virus é liberado nun cruceiro e infecta a toda a pasaxe por un antigo membro da corporación Umbrella, Morpheus T. Duvall. Tras destruír o cruceiro, Bruce chega a unhas instalacións nunha illa próxima. Nela Morpheus equipou varios mísiles co virus T, cos que tenta ameazar aos Estados Unidos. Bruce consegue desactivar os mísiles e Morpheus inféctase co virus e convértese nun Tyrant. Finalmente, Bruce elimínao cun canón de partículas e foxe da illa.

Crítica editar

Nas publicacións máis salientables acadou un 74 en GameSpy, un 70 en Eurogamer e un 64 en GameSpot. En Metacritic consegiu un 65.[1]

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2020. Consultado o 28 de maio de 2009.