Resident Evil Code: Veronica
Resident Evil Code: Veronica é un videoxogo pertencente á serie de Resident Evil, creado e distribuído pola compañía nipoa Capcom. Orixinalmente foi lanzado para Dreamcast no ano 2000. Un ano despois apareceu unha nova versión chamada Resident Evil Code: Verónica X para Dreamcast (só no Xapón) e PlayStation 2. En 2003 saíu unha versión para GameCube e no ano 2009 unha para Wii.
Resident Evil Code: Veronica | |
---|---|
![]() | |
Desenvolvedor(es) | Capcom |
Distribuidora(s) | Capcom |
Compositor(es) | Hijiri Anze |
Lanzamento | 3 de febreiro de 2000 |
Xénero | survival horror |
Modos de xogo | videoxogo para un xogador |
Clasificación | PEGI ![]() CERO ![]() USK ![]() |
Plataforma(s) | Xbox 360, PlayStation 2, PlayStation 3, PlayStation Portable, Dreamcast, GameCube, Xbox One e PlayStation 4 |
Na rede | |
http://www.capcom.co.jp/newproducts/consumer/veronica/index.html | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
Mecánica de xogo
editarCode Veronica segue a mesma mecánica de xogo que as anteriores entregas de Resident Evil. Cunha cámara en terceira persoa, controlamos a Claire Redfield, irmá de Chris Redfield protagonista de Resident Evil e de Resident Evil 5. O obxectivo é esquivar diversas armas biolóxicas e resolver os enigmas para seguir avanzando.
Innovacións técnicas
editarResident Evil Code: Veronica é a primeira entrega desta saga para a sexta xeración de videoconsolas. Presenta unha maior calidade técnica cas anteriores entregas (debido á maior potencia das videoconsolas desta xeración). Por primeira vez empréganse fondos en tres dimensións xerados pola consola.
Argumento do xogo
editarO xogo comenza con Claire encarcerada nunha illa propiedade da corporación Umbrella. Estas instalacións sofren un ataque por parte de forzas descoñecidas, que liberaron o virus T por todas as áreas. O virus T provoca a aparición de zombies e outras criaturas. Un dos empregados de Umbrella, ferido de gravidade, abre a cela de Claire. Ela abandona a prisión, atravesa o cemiterio e chega aos barracóns do persoal. Neste traxecto coñece a Steve Burnside, outro preso. Colaborando con el, é quen de chegar ata un avión co que escapar. Tras fuxir da illa con Steve, chega aos laboratorios antárticos de Umbrella. Neles reúnese co seu irmán Chris. Averigüan que o responsable do ataque é un vello coñecido: Albert Wesker, implicado nos acontecementos que toman lugar en Resident Evil. Mentres, Alfred Ashford, membro da corporación Umbrella consegue espertar a súa irmá Alexia Ashford dun coma inducido. Alexia atopábase en coma inducido suspendida nunha solución cunha variante do virus T, o virus T-Verónica. Tras espertar, posúe habilidades psíquicas e facultades mentais extraordinarias. Tenta acabar con Wesker e con Chris, pero é eliminada por este último. Tras matar a Alexia, Chris trata de fuxir destes laboratorios coa súa irmá. Antes de escapar, loita con Wesker pero consegue zafarse e reúnese coa súa irmá. Ambos foxen nun caza de combate.