Resident Evil 0
Resident Evil 0 é un videoxogo pertencente á serie Resident Evil, producido por Capcom e lanzado para GameCube e Nintendo Wii en 2002 e 2009 respectivamente. Cronoloxicamente, os feitos acontecen antes do Resident Evil orixinal.
Resident Evil 0 | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Capcom |
Distribuidora(s) | Capcom |
Deseñador(es) | Hideki Kamiya |
Lanzamento | 12 de novembro de 2002, 21 de maio de 2019, 19 de xaneiro de 2016, 10 de xullo de 2008 e 19 de xaneiro de 2016 |
Xénero | survival horror |
Modos de xogo | videoxogo para un xogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | Wii, GameCube, PlayStation 3, Microsoft Windows, PlayStation 4, Nintendo Switch, Xbox One e Xbox 360 |
Na rede | |
https://www.residentevil.com/0/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarEn xullo de 1998 aparecen unha serie de cadáveres nas aforas de Raccoon City, cheos de dentadas e malforacións. Ante a alarma social xerada, o corpo de policía de Raccoon envía a un grupo de forzas especiais, o pelotón Bravo dos S.T.A.R.S. Inmediatamente diríxense ás aforas, a un bosque preto da cidade. Durante o voo, o helicóptero resulta danado e ten que realizar unha aterraxe de emerxencia. Os membros de S.T.A.R.S atopan neste bosque un vehículo da policia militar estadounidense accidentado e dentro dous cadáveres. Tamén hai uns documentos dun preso condenado á morte que era transportado a unha prisión para a súa execución.
O xogador toma a continuación o control de Rebecca Chambers, quen atopa no medio do bosque un tren detido, o Ecliptic Express. Entra nel e descobre que os pasaxeiros son hostís e pretenden atacala. Aquí será onde coñeza ao preso que escapara, Billy Coen. Ambos deciden fuxir xuntos daquel inferno.
Mentres buscan a maneira de escapar, atravesan un centro de formación de Umbrella e unha fábrica da mesma compañía. Descobren ademais, que esta farmacéutica é a responsable da creación do virus responsable das mutacións dos pasaxeiros do tren e outras criaturas. Por outra banda, a liberación do virus foi provocada polo doutor James Marcus, antigo empregado de Umbrella, que fora, aparentemente, asasinado por orde dos estamentos superiores desta compañía.
Ao final do xogo, Rebecca e Billy sepáranse. A membro dos S.T.A.R.S diríxese á mansión Spencer, onde ocorren os feitos contados no primeiro Resident Evil.
Xogabilidade
editarSegue a mesma xogabilidade dos seus predecesores: uso de cámaras fixas, punto de vista en terceira persoa... Os escenarios están modelados co mesmo estilo cos outros xogos.
Crítica
editarAo igual cós seus predecesores recibiu boas notas por parte da prensa especializada, acadando un 83 en metacritic [1].
Vendas
editarEn todo o mundo vendeu case un millón e medio de exemplares [2]
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2013. Consultado o 30 de marzo de 2009.
- ↑ http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=4158®ion=All