Resident Evil: Umbrella Chronicles
Resident Evil: Umbrella Chronicles é un videoxogo de pistola pertencente á serie Resident Evil, producido por Capcom e lanzado en novembro de 2007 para Nintendo Wii. Inclúe diversos escenarios presentes noutras entregas da serie: Resident Evil 0, Resident Evil e Resident Evil 3.
Resident Evil: Umbrella Chronicles | |
---|---|
Tipo | videoxogo ![]() |
Xénero artístico | shoot 'em up e shooter sobre raís ![]() |
Franquía | Resident Evil ![]() |
Modo de xogo | videoxogo multixogador e videoxogo para un xogador ![]() |
Autoría | |
Compositor/a | Masafumi Takada ![]() |
Desenvolvedor | Capcom ![]() |
Temática | |
Ambientado en | Rusia ![]() |
Universo ficticio | universo de Resident Evil ![]() |
Publicación | |
País orixe | Xapón ![]() |
Editorial | Capcom ![]() |
Distribuidor/a | Nintendo eShop e PlayStation Store ![]() |
Unidades vendidas | 1300000 (31 de marzo de 2022) ![]() |
Formato de distribución | descarga dixital ![]() |
Plataforma | Wii e PlayStation 3 ![]() |
Parte da serie | Resident Evil ![]() |
Clasificación | |
Clasificación | PEGI ![]() CERO ![]() |
Contacto | |
Redes | ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Estilo de xogo
editarTrátase dun videoxogo de pistola sobre raís. É dicir, o xogador non move á personaxe, senón que esta ten unha ruta fixa executada pola videoconsola. O obxectivo é disparar e eliminar os inimigos de cada pantalla dentro dun límite de tempo. O control está adaptado aos mandos de Wii, podendo empregar o Wiimote ou o Wii Zapper. A medida que avanza a historia, o xogador gaña melloras para o armamento e pode descubrir documentos relativos a Umbrella, a corporación ficticia presente en toda a serie.
Sinopse
editarUmbrella Chronicles narra feitos acontecidos noutras entregas de Resident Evil: Resident Evil 0, Resident Evil e Resident Evil 3. Cada escenario presenta unha serie de inimigos distintivos e unha parella de personaxes propia: Rebecca Chambers e Billy Coen nas pantallas de Resident Evil 0, Jill Valentine e Ricardo Olivera nas de Resident Evil 3, por último, Chris Redfield e de novo Jill Valentine nas pantallas de Resident Evil.
Multixogador
editarO xogo consta dun multixogador cooperativo para dúas persoas, cada unha cun punteiro para disparar. Carece de multixogador en liña.
Recepción e crítica
editarA prensa especializada acolleuno con boas notas, acadando un 75 en Metacritic[1]. IGN outorgoulle un 79 [2], mentres que GameSpy concedeulle un 70 [3].
Vendas
editarCapcom logrou vender 1,34 millóns de unidades desta entrega[4].
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2010. Consultado o 04 de abril de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2010. Consultado o 04 de abril de 2010.
- ↑ http://wii.gamespy.com/wii/resident-evil-wii/836669p1.html
- ↑ http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=6971