Reservas Naturais Parciais de Cataluña

Ademais das reservas naturais incluídas dentro dos Parques Naturais e Nacionais, a Generalitat de Cataluña creou unha serie de reservas naturais illadas. O obxectivo destas reservas naturais é a protección puntual daquelas especies animais en perigo de extinción e así garantir a súa preservación no territorio catalán. A lontra, a fauna forestal pirinenca (coma o oso pardo ou a pita do monte) ou as aves estépicas coma a ganga son algunhas das especies obxectivo destas reservas.

Marco legal editar

A necesidade da creación destas reservas illadas incluíuse no artigo 4 da lei 12/1985 do 13 xuño de espazos naturais. Nesta lei a Administración recoñeceu a necesidade de adoptar medidas para a protección daquelas especies máis vulnerables. Finalmente estas reservas naturais concretáronse no Decreto 123/1987 do 12 de marzo, posteriormente ampliadas coa lei 3/1998 coa creación de diversas reservas de fauna. Nestas reservas non se permite ningunha actividade que poida prexudicar a especie ou poboación pola cal se ten feito a declaración.

Lista editar

Reservas de fauna para a protección da lontra editar

  • Merlès-Lluçanès
  • Muga-Albanyà
  • Segre–Isòvol e Segre-Prullans
  • La Llosa
  • Noguera Pallaresa-Bonaigua
  • Noguera Pallaresa-Collegats
  • Noguera Ribagorçana-Montrebei
  • Algars
  • Riera de Arbúcies-Hostalric: A riera de Arbúcies é un curso fluvial que nace na parte oriental do Turó de Sesportadores, no Parque Natural do Montseny. Pasa pola vila de Arbúcies e durante 25 km percorre a comarca da Selva ata desembocar no Río Tordera. A reserva natural contempla a protección do tramo fluvial e do bosque de ribeira, onde predominan o ameneiro. En total a protección esténdese ó longo de 10 km, dende a confluencia da riera de Arbúcies coa riera de Can Horta ata o Tordera.

Reservas de fauna para a protección de aves estépicas editar

  • Mas de Melons

Reservas de fauna forestal pirinenca editar

  • Baish Aran
  • Alt Àneu

Reservas de fauna para a protección de aves acuáticas editar

  • Llorenç de Montgai
  • Utxera
  • Illa de Fluvià
  • Desembocadura del Gaià
  • Ribera de Flix
  • Illes de l’Ebre
  • Estanys de la Jonquera
  • Torrent del Pi
  • Illa de Canet

Reservas de fauna para a protección da tartaruga mediterránea editar

  • Sant Quirze de Colera

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Diari Oficial de la Generalitat de Catalunya. Núm. 833 - 29.4.1987. Departament de la Presidència. DECRET 123/1987, de 12 de març, sobre declaració de reserves naturals parcials per a la protecció d’espècies animals en perill de desaparició a Catalunya. (Correcció d’errades en el DOGC núm. 859, p. 2693, de 3.7.1987) (en catalán).
  • Parcs naturals de Catalunya, Francesc Gurri Serra, Generalitat de Catalunya, Editorial 92 SA, Octubre 1997 (en catalán).