Reserva de caza de Selous

A reserva de caza de Selous é unha área protexida no sur de Tanzania. Abrangue unha área total de 50,000 km² e ten zonas de búfer adicional. Foi designado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1982 debido á súa diversidade de vida salvaxe e natureza. Algúns dos animais presentes na reserva son o elefante africano de sabana, o rinoceronte negro, o hipopótamo, o león, o licaón, o búfalo africano, a xirafa masai, a cebra común e o crocodilo do Nilo. Non se permite a presenza humana permanente dentro da reserva. Toda entrada e saída humana está controlada pola División de Vida Silvestre do Ministerio de Recursos Naturais e Turismo de Tanzania.

Modelo:Xeografía físicaReserva de caza de Selous
(en) Selous Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporeserva de caza Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRexión de Lindi, Tanzania Editar o valor en Wikidata
Mapa
 9°00′S 37°24′L / -9, 37.4
Características
Superficie55.000 km²
Patrimonio da Humanidade: 5.120.000 ha
zona de protección: 21.492 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural  → África
Data1982 (6ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ix) e (x) Editar o valor en Wikidata
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade2012 Editar o valor en Wikidata
En perigo2014 Editar o valor en Wikidata
Identificador199
Categoría IV da UICN: área de xestión de hábitat e especies
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 1399 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1922 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
2014-lista do Patrimonio Mundial en Perigo
2012 extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade Editar o valor en Wikidata

Sitio webselousgamereserve.net Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

A zona foi designada por primeira vez como área protexida en 1896 polo gobernador alemán de Tanganika, Hermann von Wissmann, e converteuse en reserva de caza en 1905. A reserva leva o nome de Frederick Selous, un famoso cazador de caza maior e conservacionista, que morreu en Beho Beho neste territorio en 1917 cando loitaba contra os alemáns na primeira guerra mundial. O explorador e cartógrafo escocés Keith Johnston morreu en Beho Beho en 1879 mentres lideraba unha expedición da Royal Geographical Society cara aos Grandes Lagos de África xunto a Joseph Thomson.

Dende 2005, a área protexida é considerada unha Unidade de Conservación do león.[1]

Galería de imaxes

editar
  1. IUCN Cat Specialist Group (2006). Conservation Strategy for the Lion Panthera leo in Eastern and Southern Africa. Pretoria, Suráfrica: IUCN. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar