Representación teatral
A representación constitúe o momento álxido do teatro, pois integra tódolos elementos dispersos na creación dramática achegando o dominio en que a acción dramática acada, grazas ós personaxes e por mor dun repertorio de situacións dramatúrxicas, a súa execución. A representación é un acto comunicativo no cal conflúen múltiplos participantes: autor, director, actores, espectadores, luminotecnia...
Na representación podemos xebrar dous planos:
- O plano da autoría: O autor perfila un texto para que o director sexa quen de desenvolver escenicamente o por el maxinado. Nese texto, o autor afina o escenario por medio das anotacións, deseña os personaxes mediante caracterizacións directas ou indirectas, formula os diálogos,...
- O plano escénico: A compañía realiza a posta en escena baixo o arbitrio do director.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Kunt Spang: Géneros literarios. Ed. Síntesis. Madrid 1983.
- García Barrientos: Tiempos y drama. CSIC. Madrid 1991.
- Pavis, Patrice: Diccionario del teatro. Dramaturgia, estética, semiología. Ed. Paidós. Barcelona. 1980
Outros artigos
editar Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |