República de Lakota
Republic of Lakotah ou Lakotah é un estado autoproclamado dentro das fronteiras dos Estados Unidos que reclama parte dos estados de Dacota do Norte, Dacota do Sur, Nebrasca, Wyoming e Montana como o fogar do pobo lakota.
Republic of Lakotah República de Lakota | ||
---|---|---|
| ||
Lema: Mitaku Oyasin (en galego: "Estamos todos relacionados" | ||
Capital • Poboación | non oficialmente declarado Porcupine (non oficial) | |
Cidade máis poboada | Omaha | |
Lingua oficial | ||
Forma de goberno | Confederación Matriarcal (proposto) | |
Xefe facilitador | Russell Means | |
• Data | De Estados Unidos 19 de decembro de 2007 (non recoñecida) | |
• Total | 200.000 km² | |
• Total | 100.000[1] (incluída só a xente de orixe lakota) hab. | |
• Densidade | n/d | |
PIB (nominal) | ||
• Total | n/d | |
• per cápita | n/d | |
Moeda | USD ($) | |
Xentilicio | lakota | |
• Horario de verán | Non aplica | |
Dominio de Internet | Non asignado | |
Prefixo telefónico | n/d | |
Prefixo radiofónico | n/d | |
Código ISO | n/d | |
A puntuación non pode estar dispoñible debido a que non está recoñecido. | ||
As fronteiras propostas son as establecidas no Tratado de Fort Laramie (1851) entre o goberno dos Estados Unidos e os lakota.
HistoriaEditar
Un grupo de amerindios norteamericanos, denominados Delegación de Liberdade Lakota, argumenta que a afirmación recente de independencia non é unha secesión dos Estados Unidos, senón unha reiteración de soberanía.
Ata data actual, o país non é recoñecido e certos membros dos lakota argumentan que non foron representados nas decisións. O verdadeiro grado de apoio á Delegación de Liberdade Lakota ou para a renuncia lakota dos Estados Unidos é descoñecido.
A Delegación de Liberdade Lakota non recoñece nin a ós presidentes nin ós gobernos tribais recoñecidos pola Oficina de Asuntos Indíxenas estadounidense, acusándoos de «colaboracionistas».
NotasEditar
- ↑ Lakota Nation Arquivado 17 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. from UNPO