Renata Flores Rivera

cantante peruana

Renata Flores Rivera, nada en Huamanga o 20 de marzo de 2001, é unha cantante peruana de quechua-pop[1] e trap, filla do vocalista do grupo ayacuchano "Paty y los caletas".[2] Gañou popularidade en Latinoamérica por un viral da súa versión soul e afroperuana[1] de The Way You Make Me Feel de Michael Jackson, cantado en quechua,[3][4][5][6][7][8] e que tivo como obxectivo principal a revitalización da lingua andina.[9][10][11] Traduciu a canción con axuda da súa avoa, Ada.[12]

Renata Flores Rivera
Nacemento20 de marzo de 2001
 Ayacucho
NacionalidadePerú
Ocupacióncantante
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 2014 participou na versión peruana do espectáculo de talento La Voz Kids.[13][14][15]

En marzo de 2018, no mes do Día Internacional da Muller; lanza o seu primeiro sinxelo orixinal en quechua titulado "Qawachkanchik chay Killallata" ("Ollando a mesma lúa") gravado no Complexo Arqueolóxico Wari, na cidade de Ayacucho.[1]

Posteriormente, decantouse pola música trap, pero sempre compoñendo en quechua. A súa canción Tijeras, unha composición con lírica feminista, é unha mostra deste novo estilo no que Flores incursionou.[2]


NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mendoza, Raúl. "El quechua pop de Renata Flores". larepublica.pe (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Wiener, Gabriela (14 de setembro de 2018). "Renata". La República (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  3. "Renata Flores, la peruana que enamoró a las redes sociales con Michael Jackson... en quechua - BBC Mundo". BBC Mundo (en castelán). Consultado o 28 de marzo de 2016. 
  4. "Renata Flores cantará en quechua, Fallin´de Alicia Keys". rpp.pe (en castelán). Consultado o 28 de marzo de 2016. 
  5. "Peruvian teen aims to revive language with Michael Jackson, Bob Marley covers". CTVNews. Consultado o 28 de marzo de 2016. 
  6. Ojeda, Hillary. "Listen to Peruvian Renata Flores sing a Michael Jackson song in Quechua". www.peruthisweek.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2016. Consultado o 28 de marzo de 2016. 
  7. "La historia de Renata Flores, el quechua y Michael Jackson". El Comercio (en castelán). 12 de agosto de 2015. Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  8. "Canción de Michael Jackson cantada en quechua revoluciona las redes". La Nación (en castelán). 5 de agosto de 2015. Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  9. Álvarez, Pablo Pérez (14 de xullo de 2016). "Michael Jackson y Dragon Ball, al rescate del quechua". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  10. Scippa, Gaetano (10 de novembro de 2015). "Renata Flores, l’indigena che canta in quechua contro le discriminazioni". LifeGate (en italiano). Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  11. "Peruvian teen aims to revive language with Michael Jackson, Bob Marley covers". CTVNews (en inglés). 2 de setembro de 2015. Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  12. "Peru teen aims to revive Quechua, one pop song at a time". Yahoo News. Consultado o 28 de marzo de 2016. 
  13. "Peruvian girl does a Michael Jackson cover in a dying language, and the result is gorgeous". Fusion. Consultado o 28 de marzo de 2016. 
  14. "Una niña busca salvar el El Quechua con Michael Jackson - SomosVoz". SomosVoz (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2016. 
  15. "Lo que Michael Jackson y esta niña de 14 años pueden hacer para revitalizar el quechua". Verne (El País) (en castelán). 25 de agosto de 2015. Consultado o 23 de setembro de 2018.