Remziye Hisar

química e académica turca

Remziye Hisar, nada en Üsküp en 1902 e finada o 13 de xuño de 1992, foi unha química e académica turca.[1] Sendo a primeira muller turca licenciada pola Universidade da Sorbona, ocupou cargos académicos en varias universidades turcas durante a súa carreira e publicou numerosos artigos, principalmente sobre metafosfatos e herbas turcas. Considérase unha das primeiras científicas modernas de Turquía.

Infotaula de personaRemziye Hisar
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor em Wikidata
Skopje, Macedonia do Norte Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xuño de 1992 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Istambul, Turquía Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeTurquía Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Istambul (pt) Traducir
Universidade de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Istambul (pt) Traducir
Universidade Técnica de Istambul (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua turca Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeReşit Süreyya Gürsey (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosFeza Gürsey Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Remziye formouse en ciencias naturais en "Darülfünun" (precursora da actual Universidade de Istambul), onde o seu principal interese era a química. Graduouse con honras o 15 de xullo de 1919.[2]

Xusto despois de graduarse, uniuse a un pequeno grupo das súas compañeiras de colexio para ir a Bakú, Acerbaixán, a servir alí nunha escola de maxisterio. O grupo navegou ata Batumi e realizou unha viaxe de tres días en tren ata Bakú. Durante unha cea en Bakú, ofrecida por un adiñeirado azerí, Remziye coñeceu a Reş it Süreyya (máis tarde apelidado Gürsey), un médico de Turquía. A parella comprometeuse o 18 de marzo de 1920 e casou un mes despois, o 20 de abril. Pouco despois, ela e o seu marido abandonaron Acerbaixán, que foi invadido polo exército soviético, e regresaron a Istambul.[2]

O 7 de abril de 1921 deu a luz ao seu fillo Feza (Gürsey), que máis tarde se convertería nun notable matemático e físico. Recibiu unha chamada do seu antigo profesor, que namentres se converteu en director de educación no ministerio, para que fóra a Adana a servir alí como profesora. Remziye foi alí por mar vía Mersin despois de deixar ao seu fillo de ano e medio coa súa nai e a súa irmá máis vella en Istambul. Ensinou matemáticas nunha escola de dúas clases.[2]

Despois dun ano, seguiu ao seu marido a París para completar a súa educación superior. En 1924 naceu en París a súa filla Deha (Gürsey Owens), que posteriormente se converteu en membro turco da Asociación Internacional de Psicoloxía.[3] Alí formouse en química na Universidade da Sorbona, sendo tamén alumna de Marie Curie. Durante este tempo, recibiu unha bolsa do goberno turco, e o seu fillo estivo coa súa irmá en París. Remziye obtivo un certificado en bioquímica. Foi a primeira muller turca en obter un certificado na Sorbona.[4] Aínda que quería realizar estudos de doutoramento, tivo que regresar ao seu país por non ter unha bolsa para a finalización da súa educación.[2]

Carreira editar

Ao chegar a Istambul, foi nomeada persoal administrativo no instituto feminino de Erenköy. A Remziye non lle gustou o posto porque quería ensinar química. A súa solicitude para estudar o doutoramento cunha bolsa en París foi rexeitada inicialmente. Así que solicitou unha praza vacante de profesora de química na Escola de Enxeñería de Minas de Zonguldak. Entón, o Ministro de Educación Cemal Hüsnü (Taray) ofreceulle unha bolsa para realizar estudos de doutoramento en Francia, e o ingreso do seu fillo Feza no afamado instituto Galatasaray como alumno interno gratuíto.[2]

En 1930, a parella divorciouse. Ela levou á súa filla Deha e á súa irmá máis nova Mihri a París, onde a irmá coidou da filla. Levou a cabo unha investigación sobre o metafosfato de Paul Pascal (1880-1968), recibindo o seu título de doutoramento tres anos despois con honras.[2]

En 1933, Remziye volveu a casa. Foi nomeada profesora asociada de química xeral e química física na Universidade de Istambul, que acababa de sufrir unha reforma organizativa. En 1936, trasladouse a Ancara para ocupar o posto de especialista en bioquímica no Departamento de Farmacodinámica do Instituto de Saúde Pública.[2]

En 1947, Remziye, que adoptara o apelido Hisar tras a entrada en vigor da Lei de Apelidos de 1934, foise á Universidade Técnica de Istambul para ocupar de novo o posto de profesora asociada de química na Facultade de Enxeñería Mecánica e Química. Foi ascendida a profesora titular en 1959. En 1973 xubilouse.[5][2]

Publicou máis que 20 artigos durante a súa carreira, moitos deles publicados no Bullletin de la Société Chimique de Francia.[2]

Recoñecementos editar

En 1991, foi premiada polo Consello de Investigación Científica e Tecnolóxica de Turquía (TÜBİTAK).

Notas editar

  1. "Remziye Hisar. Kimyager". biyografya.com. Consultado o 12 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Remziye Hisar. Biografía en pdf" (PDF). bilimtarihi.org (en turco). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 16 de decembro de 2021. 
  3. "Feza Gürsey" (en Turkish). Online Fizik. Arquivado dende o orixinal o 2009-08-07. Consultado o 2013-05-07. 
  4. "Remziye Hisar - Kimyasal Gelişmeler". www.kimyasalgelismeler.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2016. Consultado o 16 de decembro de 2021. 
  5. "Copia arquivada" (PDF) (en Turkish). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xuño de 2012. Consultado o 16 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar