Remuíño de sombras

obra literaria de Xosé Neira Vilas

Remuíño de sombras é unha novela de Xosé Neira Vilas, publicada en 1973 na Colección Pombal de Edicións Castrelos, cun prólogo de Basilio Losada ("Presentación innecesaria de Neira Vilas"). En 1991 foi reeditado pola Editorial Galaxia.

Remuíño de sombras
[1]
Autor/aXosé Neira Vilas
OrixeGalicia Galicia
Linguagalego
Tema(s)Emigración
Xénero(s)Narrativa
EditorialEdicións Castrelos
Data de pub.1973 [2]
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

A acción discorre en Buenos Aires en 1960, no 150 aniversario da independencia da Arxentina. O libro ten unha estrutura fragmentaria, con múltiples personaxes, pero hai unha serie de fíos recorrentes: un rapaz que lle escribe cartas á familia contándolle a súa experiencia, un amigo que lle fala a outro da vida na rúa, pois está eivado e non pode saír, Dorinda, que traballa como criada cunha familia galega con cartos.

Faise referencia ao Centro Gallego de Buenos Aires é á Federación de Centros Galegos.

Narración editar

O título fai referencia á vida caótica das persoas na capital Arxentina. O remuíño (imaxe constante na obra do autor) é a aglomeración humana, que aparece como un enxame. É unha novela polifónica, que alterna a primeira persoa a segunda persoa e o narrador omnisciente. Inclúe tamén o xénero epistolar. Esta multiplicidade forma parte dun proceso de aprendizaxe como autor, buscando en cada caso a fórmula narrativa máis axeitada para cada caso.

O autor emigrou a Buenos Aires en 1949 para evitar o servizo militar. Alí entrou en contacto cos movementos sociais e culturais e coa comunidade galega. A relación entre Galicia e Buenos Aires é un dos eixos temáticos na literatura de Neira Vilas, xunto coa relación entre a infancia e o mundo dos adultos. Outras obras sobre o mundo da emigración desde o punto de vista adulto son Camiño bretemoso (1967) e Historias de emigrantes (1968).

Traducións editar

  • Ao castelán por Nora Longhini Moreira co título de Remolino de sombras publicado en 1999[3].

Notas editar

  1. Remuíño de sombras Imaxe da portada.
  2. "Bibliografía na páxina da Fundación Xosé Neira Vilas". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2017. Consultado o 16 de decembro de 2017. 
  3. Ficha Arquivado 25 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

  • Ficha na páxina web de Editorial Galaxia.