Remain in Light
Remain in Light é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de New Wave Talking Heads, editado o 8 de outubro de 1980 a través de Sire Records. Foi gravado entre as Bahamas e os Estados Unidos nos meses de xullo e agosto de 1980, baixo a produción do colaborador do grupo Brian Eno. O álbum chegou ao posto 19 da Billboard 200 nos Estados Unidos e ao 21 na lista británica de álbums. Foron lanzados dous sinxelos do disco: "Once in a Lifetime" e "Houses in Motion". O traballo foi certificado ouro nos Estados Unidos e o Canadá durante os anos 80.
Remain in Light | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Talking Heads | ||||
Publicado | 8 de outubro de 1980 | |||
Gravación | xullo - agosto de 1980 | |||
Estudio(s) | Compass Point Studios, Nassau; Sigma Sound Studios, Nova York City | |||
Duración | 40:10 | |||
Xénero(s) | New Wave, post-punk, funk rock, worldbeat | |||
Selo(s) | Sire Records | |||
Produtor | Brian Eno | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
En xullo de 2016 a publicación dixital Paste colocouno no posto 4 da súa lista dos 50 mellores álbums de postpunk.[1] A revista Rolling Stone elixíuno o cuarto mellor álbum dos anos 80.[2]
Listaxe de cancións
editarTódolos temas escritos e compostos por David Byrne, Brian Eno, Chris Frantz, Jerry Harrison e Tina Weymouth.
Cara 1 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Born Under Punches (The Heat Goes On)" | 5:49 | |||||||
2. | "Crosseyed and Painless" | 4:48 | |||||||
3. | "The Great Curve" | 6:28 |
Cara 2 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
4. | "Once in a Lifetime" | 4:23 | |||||||
5. | "Houses in Motion" | 4:33 | |||||||
6. | "Seen and Not Seen" | 3:25 | |||||||
7. | "Listening Wind" | 4:43 | |||||||
8. | "The Overload" | 6:01 |
Tomas sen rematar da reedición en CD | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
9. | "Fela's Riff" | 5:19 | |||||||
10. | "Unison" | 4:50 | |||||||
11. | "Double Groove" | 4:28 | |||||||
12. | "Right Start" | 4:07 |
Notas
editar- ↑ Jackson, Josh (13 de xullo de 2016). "The 50 Best Post-Punk Albums" (en inglés). Paste. Consultado o 26 de setembro de 2018.
- ↑ Stone, Rolling; Stone, Rolling (1989-11-16). "100 Best Albums of the Eighties". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-08-27.