Fear of Music é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de New Wave Talking Heads, editado o 3 de agosto de 1979 a través do selo Sire Records. Foi gravado en varios lugares de Nova York entre abril e maio de 1979, e foi producido pola banda e por Brian Eno. O disco entrou na lista Billboard 200 no número 21, e chegou ao 33 da lista británica de álbums. Tres temas foron publicados como sinxelos entre 1979 e 1980: "Life During Wartime", "I Zimbra" e "Cities". O álbum foi certificado ouro nos Estados Unidos en 1985.
Fear of Music recibiu recensións favorables da crítica. As louvanzas centráronse sobre todo nos seus ritmos pouco convencionais e as interpretacións líricas do líder David Byrne. O disco adoita a ser considerado un dos mellores de Talking Heads. No ano 2006 foi remasterizado e editado con catro cancións extra.
Tódolos temas escritos e compostos por David Byrne, agás onde se indique.
Cara 1 |
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"I Zimbra" (David Byrne, Brian Eno, Hugo Ball) |
3:09 |
2. |
"Mind" |
4:13 |
3. |
"Paper" |
2:39 |
4. |
"Cities" |
4:10 |
5. |
"Life During Wartime" (David Byrne, Chris Frantz, Jerry Harrison, Tina Weymouth) |
3:41 |
6. |
"Memories Can't Wait" (David Byrne, Jerry Harrison) |
3:30 |
Cara 2 |
N.º |
Título |
Duración |
7. |
"Air" |
3:34 |
8. |
"Heaven" (David Byrne, Jerry Harrison) |
4:01 |
9. |
"Animals" |
3:30 |
10. |
"Electric Guitar" |
3:03 |
11. |
"Drugs" (David Byrne, Brian Eno) |
5:10 |
- O LP orixinal acredita todos os temas a David Byrne agás "I Zimbra". Despois das queixas dos outros membros, os créditos foron trocados para os que aparecen arriba nas edicións en CD posteriores.
- Unha edición limitada do LP en Reino Unido inclúe "Psycho Killer" e "New Feeling", do álbum de estrea da banda, Talking Heads: 77, nun disco de 7" extra.
Cancións extra do CD expandido |
N.º |
Título |
Duración |
12. |
"Dancing for Money (Unfinished Outtake)" |
2:42 |
13. |
"Life During Wartime (Alternate Version)" (David Byrne, Chris Frantz, Jerry Harrison, Tina Weymouth) |
4:07 |
14. |
"Cities (Alternate Version)" |
5:30 |
15. |
"Mind (Alternate Version)" |
4:26 |
- A edición remasterizada foi producida por Andy Zax coa axuda de Talking Heads, e foi mesturado por Brian Kehew.