More Songs About Buildings and Food
More Songs About Buildings and Food é o segundo álbum da banda estadounidense de New Wave Talking Heads, o primeiro dunha cadea de tres co-producidos por Brian Eno. O disco foi significativamente máis popular que o seu primeiro traballo, Talking Heads: 77. A mestura dun baixo "funky", e influencias bubblegum, country, reggae e punk, coa distintiva voz de David Byrne, estableceron á banda como un éxito de crítica coñecido polos seus concertos, pero aínda cunhas decepcionantes cifras na venda de discos.
More Songs About Buildings and Food | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Talking Heads | ||||
Gravación | marzo - abril de 1978 | |||
Estudio(s) | Compass Point Studios, Nassau, Bahamas | |||
Duración | 41:32 | |||
Xénero(s) | post-punk, New Wave | |||
Selo(s) | Sire Records | |||
Producido por | Brian Eno e Talking Heads | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
More Songs About Buildings and Food foi publicado o día 21 de xullo de 1978. Chegou ao número 29 da lista Pop Albums da Billboard estadounidense. O seu único sinxelo, unha versión do éxito de Al Green "Take Me to the River", acadou o posto 26 na lista Pop Singles en 1979.
En xullo de 2016 a publicación dixital Paste colocouno no posto 10 da súa lista dos 50 mellores álbums de post-punk.[1]
Listaxe de canciónsEditar
Cara 1 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Thank You for Sending Me an Angel" | 2:11 | |||||||
2. | "With Our Love" | 3:30 | |||||||
3. | "The Good Thing" | 3:03 | |||||||
4. | "Warning Sign" (David Byrne, Chris Frantz) | 3:55 | |||||||
5. | "The Girls Want to Be With the Girls" | 2:37 | |||||||
6. | "Found a Job" | 5:00 |
Cara 2 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
7. | "Artists Only" (David Byrne, Wayne Zieve) | 3:34 | |||||||
8. | "I'm Not in Love" | 4:33 | |||||||
9. | "Stay Hungry" (David Byrne, Chris Frantz) | 2:39 | |||||||
10. | "Take Me to the River" (Al Green, Mabon "Teenie" Hodges) | 5:00 | |||||||
11. | "The Big Country" | 5:30 |
Cancións extra da reedición de 2005 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
12. | "Stay Hungry (versión de 1977)" (David Byrne, Chris Frantz) | 3:45 | |||||||
13. | "I'm Not in Love (Versión alternativa)" | 5:15 | |||||||
14. | "The Big Country (Versión alternativa)" | 5:01 | |||||||
15. | "Thank You for Sending Me an Angel (versión "Country Angel")" | 2:12 |
NotasEditar
- ↑ Jackson, Josh (13 de xullo de 2016). "The 50 Best Post-Punk Albums" (en inglés). Paste. Consultado o 26 de setembro de 2018.