Relación de inclusión

Os campos semánticos organízanse mediante diversos tipos de relacións entre os significados dos lexemas:

As relacións de inclusión implican que os significados completo de varios signos lingüísticos estas incluídos dentro do significado doutro signo lingüístico. Deste xeito ó vocábulo que inclúe (por exemplo, a palabra árbore) o significado completo dunha ou varias palabras (carballo, maceira, faia,...) chámaselle hiperónimo. As palabras incluídas teñen dúas posibles denominacións:

  • Son hipónimos con respecto ó hiperónimo: carballo é hipónimo de árbore.
  • Son cohipónimos entre elas: carballo é cohipónimo de maceira.

Á condición que posúen os hiperónimos chámaselle hiperonimia; á dos hipónimos, hiponimia; á dos cohipónimos, cohiponimia.

Outra relación de inclusión básica é a meronimia.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.