Reis de Cirene

Cirene foi unha antiga cidade na actual Libia, fundada por gregos vidos de Tera (actual Santorini), seguindo os consellos do Oráculo de Delfos, conducidos por Aristóteles de Tera (posteriormente chamado Bato) sobre o 630 a. C. Bato despois de fundar unha colonia nunha illa da costa oriental de Cirenaica (de nome Platea, no golfo de Bomba) trasladouse ao distrito de Azilirs, en terra firme, onde os colonos estiveron seis anos até que encontraron un emprazamento mellor na rexión de Irasa onde fundou Cirene, máis ao interior (631 a. C.), e iniciou a dinastía dos Batiadas que tivo oito reis (e un usurpador).

Dinastía BatiadaEditar

República e conquista macedoniaEditar

  • República 450 - 322 a.C. (protectorado de Macedonia 331 - 322 a.C.)
  • A Exipto, 322 a.C. (Tolomeo I Sóter, faraón o 323 a.C.) 322 - 313 a.C.
  • Magas, 308 - 258 a.C.
  • Berenice, 258 - 246 a.C. (filla)
  • Demetrio o Belo, 258 - c. 253 a.C. (marido)
  • Tolomeo III, c. 248 - 246 a.C. (marido de Berenice)
  • Incorporación a Exipto, 246 a.C. (Tolomeo III herda Exipto)
  • A Exipto, 246 - 163 a.C.
  • Tolomeo VIII, 163 - 116 a.C.
  • Tolomeo Apión, 116 - 110 a.C.
  • Nicóstrato o Tirano, 110 a.C.
  • Tolomeo Apión (restablecido), 110 - 95 a.C.

Dominación romanaEditar

  • República baixo protección romana, 95 - 75 a.C.
  • Provincia romana, 75 - 37 a.C. (desde o 67 a.C. unida a Creta)
  • Unida a Exipto, 37 - 30 a.C.
  • Cleopatra Selene II, 34 - 30 a.C.