Refuxio de Torrebarrio
Coordenadas: 43°0′49.50″N 5°59′26.34″O / 43.0137500, -5.9906500 O refuxio de Torrebarrio é un refuxio de montaña situado na localidade de Torrebarrio, no concello de San Emiliano (León, España). Situado a unha altitude de 1.280 metros, atópase nas proximidades de Peña Ubiña (2.417 m.). Foi inaugurado en 2010 e é propiedade da Federación Galega de Montañismo.
Características
editarO refuxio dispón de 30 liteiras corridas, así como luz eléctrica, auga quente, lugar para cociñar e cheminea.
Actividades
editarAscensións
editar- Peña Ubiña (2.417 m.)
- Peña Ubiña Pequena (2.197 m.)
- Fontán (2.417 m.)
- Peña Cerreos (2.111 m.)