Federación Galega de Montañismo

organización deportiva galega

A Federación Galega de Montañismo (F.G.M.) é o órgano oficial galego de control e organización dos deportes de montaña, como o sendeirismo, a escalada, o barranquismo, a marcha nórdica ou as carreiras por montaña. Creada o 23 de outubro de 1963[1], a súa sede está en Vigo e o súa presidenta é Josefina Maestu Almeida.

Federación Galega de Montañismo
Logo
AcrónimoFGM
TipoDeportiva
Deportealpinismo
Data de fundación23 de outubro de 1963
Presidente/aAdolfo Puch Domínguez
SedeVigo
EnderezoRúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 Oficina 10 36209
PaísGalicia
Na rede
https://fedgalmon.gal/
Facebook: FederacionGalegadeMontanismo Youtube: UC3xFYGobgFUOAwue3_XRTxQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Federación Galega de Montañismo conta cun comité de formación chamado Escola Galega de Alta Montaña (EGAM).

Escola Galega de Alta Montaña editar

A Escola Galega de Alta Montaña (E.G.A.M.) é un órgano da F.G.M. que constitúe a base da educación e tecnificación dos deportistas federados. Está constituída por un corpo técnico de profesorado especializado en montañismo, escalada, alpinismo, esquí de montaña, e barrancos. Dende hai moitos anos vén desenvolvendo, cada tempada, os correspondentes cursos dentro do calendario da FGM e das diversas especialidades. Actualmente a variedade de cursos e de niveis ofertado permite que todos os federados de todos os niveis teñan cursos axeitados á súa capacidade. O primeiro obxectivo da Escola Galega de Alta Montaña é que os montañeiros estean plenamente formados na “Seguridade na Montaña”.

Clubs federados na FGM editar

 
Escalada en Guitiriz

A Coruña editar

Lugo editar

Ourense editar

Pontevedra editar

Refuxios editar

A Federación conta cos seguintes refuxios de montaña:

Notas editar

  1. "Estatutos da Federación Galega de Montañismo" (PDF). www.fedgalmon.gal. 2013-04-13. Consultado o 2019-04-16. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar