Referendo de independencia de Liberia de 1846
O 27 de outubro de 1846 celebrouse un referendo de independencia en Liberia. O resultado foi dun 52% a prol da independencia,[1] a cal se declarou o 26 de xullo de 1847.
Referendo de independencia de Liberia de 1846 | |
---|---|
Data | 27 de outubro de 1846 |
Tipo | eleccións en Liberia e Referendo de independencia |
Resultado da votación | |
A American Colonization Society (ACS) estabelecera a colonia de Liberia en 1817, cun gobernador nomeado.[2] Os británicos non recoñecían os costumes liberianos xa que a colonia non era independente[2] e durante mediados do século XIX houbo continuos enfrontamentos entre o goberno liberiano e os comerciantes británicos de Serra Leoa polo pago de impostos. Os comerciantes liberianos argumentaban que o país non tiña dereito a impoñer impostos.
Despois da independencia, unha constitución que fora acordada o 26 de xullo de 1847 foi aprobada nun referendo en setembro.
Resultados
editarOpción | Votos | % |
---|---|---|
A prol | 52 | |
En contra | 48 | |
Total | 100 | |
Votantes rexistrados/participación | 66 | |
Fonte: Direct Democracy |
Lembranza
editarO 26 de xullo celébrase en Liberia como o día da independencia.[4] Nos Estados Unidos, os liberianos utilizan esta data como punto de inflexión da súa relación entre os Estados Unidos e Liberia.[5] No plano nacional, o Día da Independencia de Liberia é un dos festivos máis recoñecidos e celebrados, xunto co Aninovo, o Día dos Pioneiros, o Día das Forzas Armadas, o Día da Liberación Africana, o Día da Bandeira e o Día de Acción de Grazas.[6]
Notas
editar- ↑ "Elections in Liberia". African Elections. Consultado o 28 de outubro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 Peaslee, Amos (1956). Constitutions of Nations Volume Ii France to New Zealand. Brill Archive.
- ↑ "Liberian Independence Day Celebration 2019". RECAP. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ Goins, Sonya (2019). "RESIDENTS CELEBRATE LIBERIAN INDEPENDENCE DAY". CCX Media. Consultado o 23 de marzo de 2020.
- ↑ "Liberian Independence Day Music Festival". Maple Grove. 20 de xullo de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ Department of Commerce, United States (1971). Commerce Today. Michigan State University: U.S. Department of Commerce. p. 54.