Proxecto de referendo constitucional das Illas Feroe

O referendo para a aprobación dunha nova constitución nas Illas Feroe estaba previsto inicialmente para o 25 de abril de 2018.[1] Os votantes decidirían sobre unha proposta para crear unha constitución feroesa separada de Dinamarca, con vistas a unha futura independencia.[2] Así e todo, non se puido celebrar aínda por non se poñer de acordo o parlamento feroés no texto da nova constitución.[3]

Mapa das Illas Feroe.

O referendo foi anunciado no 2017 polo Primeiro Ministro das illas, Aksel V. Johannesen.[4]

Notas editar

  1. Faroes look at self-determination and closer EU relations EU Observer, 15 de febreiro de 2017
  2. Referendum on Faroese Constitution to be held on 25 April 2018, Government.fo (en inglés).
  3. Hannan, Martin (27-4-2018). The National, ed. "Faroe Islands delay their referendum on more independence" (en inglés). Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  4. "Faroes to hold referendum on new constitution in 2018" (en inglés). 12 de febreiro de 2017. Consultado o 9 de abril de 2017.