Aksel V. Johannesen

Aksel Vilhelmsson Johannesen, nado en Klaksvík o 8 de novembro de 1972 é un avogado e político feroés do partido socialdemócrata Javnaðarflokkurin. É o primeiro ministro das Illas Feroe dende setembro de 2015.[1] Comezou a súa carreira política sendo membro do Løgting e chegou a ocupar os cargos de Ministro de Sanidade, Ministro de Facenda e Vice-Primeiro Ministro.

Aksel V. Johannesen
Primeiro Ministro das Illas Feroe
Período15 de setembro de 2015 - presente
AntecesorKaj Leo Johannesen
Líder do Javnaðarflokkurin
Período2011 - presente
AntecesorJóannes Eidesgaard
Datos persoais
Nacemento8 de novembro de 1972
 Klaksvík
OrganizaciónJavnaðarflokkurin
PaiVilhelm Johannesen
CónxuxeKatrin Apol
Fillos3
Alma máterUniversidade de Copenhague
ProfesiónAvogado e político
Na rede
Facebook: aksel.johannesen Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu en Klaksvík, segunda meirande cidade das Illas Feroe, o día 8 de novembro de 1972, fillo do político Vilhelm Johannesen, que foi ministro das illas. Durante a súa xuventude, xogaba no club de fútbol KÍ Klaksvík (38 partidos e 3 goles na liga das Feroe, campión nacional en 1991, gañador da Copa 1994), do cal chegou a ser o presidente.

No ano 2004, obtivo unha mestría en dereito pola Universidade de Copenhague e despois trasladouse á cidade de Tórshavn, onde exerceu como avogado até o 2007, ano no que iniciou a súa carreira política. Entrou no mundo da política, ingresando no Javnaðarflokkurin (Partido da Igualdade), co que se presentou ás Eleccións xerais de 2008 das Illas Feroe, acadando o escano como membro do Løgting ("Parlamento"). Durante esa lexislatura, o 16 de xullo de 2009, trala renuncia do político Hans Pauli Strøm, converteuse en Ministro de Sanidade, até que dimitiu do cargo e o 21 de febreiro de 2011 pasou a ser o Ministro de Facenda. O día 5 de marzo do mesmo ano, foi elixido como presidente do partido, e o 6 de abril deixou o seu cargo de ministro e foi nomeado Vice-Primeiro Ministro.

Nas eleccións xerais de 2011, presentouse como principal candidato mais non logrou a vitoria, quedando como cuarta forza política máis votada. Tralas eleccións xerais de 2015, volveuse presentar como principal candidato e desta volta si logrou a vitoria electoral cun total do 25,1% dos votos, conseguindo que o seu partido fose como forza máis votada. O día 15 de setembro dese ano, foi investido como o 13º Primeiro Ministro das Illas Feroe, sucedendo a Kaj Leo Johannesen.

Notas editar

  1. Rana, Hallur av (15 de setembro de 2015). in.fo, ed. "Hetta er nýggja landsstýrið" (en feroés). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2015. Consultado o 15 de setembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar