Redención Campesina

Redención Campesina foi un semanario editado en Santiago de Compostela entre 1919 e 1921.

Redención Campesina
LocalidadeSantiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Semanario Social Anticaciquil, apareceu o 30 de decembro de 1919 como continuación de El Ideal Campesino.[1]. Dirixido por Domingo Carreira Botana, posteriormente foi substituído por Adolfo Gómez Portela, o propietario e xerente era Ricardo García Otero, párroco de Aríns. Proclamábase "defensor de los intereses agrícolas de Conjo, Ames y otros Ayuntamientos". De tendencia social-católica, publicábase con censura eclesiástica. Cesou a súa publicación no verán de 1920, e volveu aparecer o 27 de outubro. Publicou artigos sobre cuestións sociais e información sobre mitins e actividade societaria na bisbarra. Apareceron algúns contos en galego. J. M. Palomares afirma que seguía publicándose en 1921.[2]

Notas editar

  1. El Noticiero Gallego, 28-12-1919, p. 1
  2. Palomares Ibáñez, Jesús María (1983). Universidad de Valladolid, ed. "Prensa y política en Galicia: la prensa periódica compostelana (1875-1936)". Investigaciones históricas: Época moderna y contemporánea (4): 391–430. Consultado o 15 de xullo de 2013. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar