Red Book of Westmarch

O Red Book of Westmarch (ás veces chamado Red Book of the Periannath e The Downfall of the Lord of the Rings, así como o Thain's Book) é un manuscrito ficticio escrito polos hobbits, un concepto do autor J. R. R. Tolkien para explicar a fonte dos seus escritos de fantasía.

O libro é supostamente unha escolma de escritos sobre os eventos relatados nas obras O hobbit e O Señor dos Aneis contados polos propios personaxes, e a partir do cal Tolkien supostamente derivou estas e outras obras.

Na ficción, o nome do libro provén da súa encadernación e carcasa de cor vermella, e de estar na Caderna Oeste, unha rexión da Terra Media xunto á Comarca. En realidade, Tolkien baseou o nome do artefacto ficticio no Libro Vermello de Hergest.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar