Rebeca Eunice Vargas Tamayac coñecida como Rebeca Lane ou Miss Penny Lane, nada en Cidade de Guatemala o 6 de decembro de 1984, é unha socióloga, poeta e cantante de rap feminista e anarquista guatemalteca.[1] Pertence ao colectivo Última Dosis e é fundadora de Somos Guerreras, unha proposta para visibilizar o traballo das mulleres de Centroamérica no hip hop xerando espazos de formación, convivencia e produción de eventos. Publicou a súa poesía en revistas literarias de Guatemala, Porto Rico e México. Como socióloga realizou diversas investigacións sobre culturas xuvenís e tribos urbanas en Guatemala (2012).

Rebeca Lane
Nome completoRebeca Eunice Vargas Tamayac
Nacemento6 de decembro de 1984 (35 anos)
OrixeCidade de Guatemala
Ocupacióncantante e poeta
Xénerorap
Instrumento(s)Voz
Selo(s) discográfico(s)Outstanding Productions
Tempo en activo2000-
Na rede
http://www.rebecalane.com
Twitter
Facebook
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Rebeca Lane creceu nunha familia relacionada coa música e a poesía como medio de expresión.[2] A súa tía foi a guerrilleira e poeta Rebeca Eunice Vargas Braghiroli, detida e desaparecida polo exército guatemalteco a finais da guerra civil en Guatemala en 1981.[3] A súa desaparición, explicou a artista en diversas entrevistas, deixou unha profunda ferida na cantante quen busca rescatar a memoria histórica do seu país a través do rap: “non como vítima -di- senón como portavoz da marxinalidade e da loita de clases”.

O seu nome artístico como rapeira ten conexión con esa desaparición: “O meu nome é a miña identidade, arraigada a unha identidade ancestral e dolorosa pola súa ausencia. O Lane sae dun sobrenome que me puxeron os meus amigos (Miss Penny Lane)" Miss Penny Lane é o nome que utilizou para asinar o seu blog, Mujeres de bolsa grande y zapatos bajos, que recolle a súa produción poética. Como poeta publicou na Revista da USAC, Revista Literaria Voces Convergentes, Revista Imagina, El Vestíbulo (Porto Rico), a revista electrónica Te prometo Anarquía, e Analistas Independientes de Guatemala[4] , así como en poemarios colectivos de Cascada de Palabras, Cartonera (México).[5]

Rebeca Lane participou tamén como actriz de teatro en Histéricas y no tanto (2013), Danzas saicas alucinantes (2012), El juego (2009), e Las profanas (2009).

O rap como espazo de denunciaEditar

Estudou socioloxía na Escola de Ciencia Política da Universidade de San Carlos de Guatemala. En 2012 realizou diversas investigacións e relatorios sobre culturas urbanas e identidades xuvenís, particularmente a cultura Hip Hop[6].

A súa inquietude polo rap xorde por mor da súa militancia nunha organización civil na que, familiares de asasinados, desaparecidos e presos políticos da última ditadura militar en Guatemala, loitan contra a represión e a impunidade en favor dos dereitos humanos. Empezou escoitando o grupo arxentino Actitud María Marta. Na poesía que escribe desde pequena atopa os elementos primordiais do rap: palabra, rima e música. Como locutora do programa “Politicamente incorrecta” en Da-radio.com en cidade de Guatemala onde conversaba sobre temas considerados socialmente tabú[7] tivo a posibilidade de coñecer grupos de rap e gravar.

Na súa obra poética e as súas cancións de rap destaca a denuncia da situación das mulleres e a reivindicación de autonomía e liberdade rompendo coa tradición. Neste marco forma Somos Guerreras con Nakury e Nativa unha proposta para visibilizar o traballo das mulleres no hip hop de Centroamérica.[8]

En 2012 no colectivo Última Dosis gravou Rap(H)² - 502 mg e participou no Festival Internacional Revolución Hip Hop 2012 de Guatemala.[9]

En outubro de 2013 lanzou un EP con oito temas, e participou en diversos festivais internacionais en Mexico.

En 2015 presentou o seu segundo traballo en solitario, o álbum Poesía venenosa.[10]

Rebeca Lane na GalizaEditar

En 2018 participa no festival Elas Son Artistas na Coruña[11] e actúa tamén en Vigo.[12]

DiscografíaEditar

  • Rap(H)² - 502 mg (2012) con Última Dosis
  • Canto (2013)
  • Poesía venenosa (2015)
  • Dulce muerte (2015) con Kontra
  • Alma mestiza (2016)

PublicaciónsEditar

  • Reflexiones sobre la cultura y subtexto de mi conciencia sociológica (2012)[13]
  • Culturas juveniles y tribus urbanas (2012)[14]
  • La ciencia como arte, el caos como avance: Paul Feyerabend y el anarquismo epistemológico (2012)[15]
  • Identificación nacional en el rap guatemalteco (2012)[16]
  • Filosofía social y ensayo crítico (2012)[17]
  • El proceso judicial a Efraín Ríos Montt por genocidio[18]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar