Reactancia

oposición ofrecida por indutores e condensadores ao paso da corrente alterna

Na electrónica, denomínase reactancia a oposición ofrecida por indutores (bobinas) e condensadores ao paso da corrente alterna, medíndose o seu valor en ohmios. Canda a resistencia eléctrica determinan a magnitude da impedancia total dun compoñente ou circuíto, de tal xeito que a reactancia (X) é a parte imaxinaria da impedancia (Z) e a resistencia (R) é a parte real, segundo a igualdade:

Tipos de reactancias editar

Cando circula corrente alterna por algún destes dous elementos que posúen reactancia, a enerxía é alternativamente almacenada e liberada en forma de campo magnético, no caso das bobinas, ou de campo eléctrico, no caso dos condensadores. Isto produce un adianto ou atraso entre a onda de corrente e a onda de tensión. Este desfase fai diminuír a potencia entregada a unha carga resistiva conectada logo da reactancia sen consumir enerxía.

Se se realiza unha representación vectorial da reactancia indutiva e da capacitiva, os vectores que a constitúen deberíanse debuxar en sentido oposto e sobre o eixo imaxinario, xa que as impedancias calcúlanse como   e   respectivamente.

Non obstante, as bobinas e condensadores na realidade presentan unha resistencia asociada, que no caso das bobinas considérase en serie co elemento, e no caso dos condensadores en paralelo. Neses casos, e como xa se indicou arriba, a impedancia (Z) total é a suma vectorial da resistencia (R) e a reactancia (X).

É dicir, en fórmulas:

 

onde

j é a unidade imaxinaria
  é a reactancia en Ohm.

W é a frecuencia angular á cal está sometido o elemento, e L e C os valores de indutancia e capacitancia respectivamente.

Dependendo do valor da enerxía e a reactancia dise que o circuíto presenta:

  • Se  , reactancia indutiva  
  • Se  , non hai reactancia e a impedancia é puramente resistiva  
  • Se  , reactancia capacitiva  

Reactancia capacitiva editar

A reactancia capacitiva represéntase por   e o seu valor vén dado pola fórmula:

 

na que:

  = Reactancia capacitiva en ohms
  = Capacitancia en farads
  = Frecuencia en hertzs
  = Frecuencia angular

Reactancia indutiva editar

A reactancia indutiva represéntase por   e o seu valor vén dado por:

 

na que:

  = Reactancia indutiva en ohms
  = Indutancia en henrys
  = Frecuencia en hertzs
  = Frecuencia angular

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar