Rayo Vallecano de Madrid B
O Rayo Vallecano B é o equipo filial do Rayo Vallecano. Fundado en 1973, actualmente xoga na Terceira División RFEF. Xoga de local na Ciudad Deportiva Rayo Vallecano.
Rayo Vallecano B | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Rayo Vallecano de Madrid B | |||
Alcume(s) | Rojillos | |||
Fundación | 1973 | |||
Estadio | Ciudad Deportiva, Madrid, España | |||
Inauguración | 2010 | |||
Capacidade | 2.500 | |||
Presidente | Raúl Martín Presa | |||
Adestrador | Iván Amaya | |||
Liga | 3ª RFEF – Grupo 7 | |||
2021–22 | 3ª RFEF – Grupo 7: 9.º de 21 | |||
Na rede | ||||
Sitio web oficial | ||||
| ||||
Historia
editarO filial do Rayo Vallecano naceu en 1973 coa intención de formar unha canteira de xogadores para o Rayo e fomentar o deporte base en Vallecas.
O equipo chegou a Terceira División na tempada 1988-89, e desde entón permaneceu na mesma categoría de forma ininterrompida, mantendo posicións intermedias na táboa. Ata que na tempada 09/10, logo dunha tempada incrible, e grazas a un gol de Gazapo no último minuto de desconto ante o L'Hospitalet na fase de ascenso a Segunda B, logrouse o 1-1 final que daría paso a unha cita histórica para a canteira do Rayo Vallecano logrando o ascenso da súa filial á Segunda División B do fútbol español. A súa principal función é servir de canteira para o primeiro equipo e forxar novos xogadores.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta branca cunha franxa vermella en diagonal, pantalón branco e medias negras.
- Uniforme alternativo: Camiseta negra cunha franxa vermella en diagonal, pantalón negro e medias negras.
- Terceiro uniforme: Camiseta azul cunha franxa vermella en diagonal, pantalón rosa e medias negras.
- Marca deportiva: Patrick
Estadio
editarO equipo filial xoga os seus partidos no campo Nuestra Señora de la Torre de Vallecas, con capacidade para 2.500 persoas e céspede artificial.
Datos do club
editarXogadores
editarCadro 2009/10
editar- Actualizado a 2 de febreiro de 2010.
|
|