Abrir o menú principal

Raquel Vázquez Ramil

profesora galega

Raquel Vázquez Ramil, nada na Coruña o 30 de decembro de 1960, é unha tradutora e profesora galega especializada en historia contemporánea e historia de xénero.[1][2]

Raquel Vázquez Ramil
Nacemento30 de decembro de 1960
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncatedrática
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciouse en Xeografía e Historia en 1983 pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse cum laude en 1989 na mesma universidade grazas á tese La institución libre de enseñanaza y la educación de la mujer en España: la Residencia de Señoritas, 1915-1936.[3] En 2006 obtivo o título de especialista universitario en Tradución Inglés-Español a través da UNED e entre 2003 e 2012 foi tradutora de autores como Neil Gaiman, G.K. Chesterton ou C. Isherwood e W. H. Auden. Dende 2011 exerce como titora de distintas materias relacionadas coa Xeografía, a Historia da arte e a Historia do Mundo Contemporáneo nos centros UNED da Coruña e Lugo e dende 2012 como profesora de Xeografía e Ciencias Sociais na Escola Universitaria de Maxisterio CEU-Universidade de Vigo.[4]

PublicaciónsEditar

  • La Institución Libre de Enseñanza y la educación de la mujer en España: La Residencia de Señoritas (1915-1936) (2001)
  • Mujeres y educación en la España contemporánea. La Institución Libre de Enseñanza y la Residencia de Señoritas de Madrid (2012)
  • La mujer en la II República (2014)
  • María de Maeztu. Una antología de textos (2015), en coautoría con Ángel Serafín Porto Ucha
  • A forxa da memoria. Historia de vida de Sara Soto (2015), en coautoría con Ángel Serafín Porto Ucha

NotasEditar

  1. "Autori Aracne editrice - Raquel Vázquez Ramil". www.aracneeditrice.it (en italiano). Consultado o 25 de setembro de 2018. 
  2. "Raquel Vázquez Ramil – Akal". 
  3. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. "TESEO. Ficha de tesis". 
  4. "Currículum Vitae-Raquel Vázquez Ramil" (PDF).