Raphidophyceae
Rafidófitas | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gonyostomum semen | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Orde | |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
As rafidófitas, ou Raphidophyceae (antes denominadas cloromónadas, Chloromonadophyceae ou Chloromonadineae[1]) son un pequeno grupo de algas unicelulares mariñas e de augas doces.[2]
As rafidófitas teñen células de tamaño grande, entre 50 e 100 μm, e sen parede celular. Os cloroplastos son elipsoidais. Distínguense por ter clorofilas a, c1 e c2 e dúas membranas no retículo endoplasmático dos cloroplastos. Os pigmentos accesorios que teñen son o β-caroteno e diadinoxantina. As rafidófitas de augas doces son verdes e as mariñas son amarelas, xa que posúen o carotenoide da fucoxantina. Posúen un par de flaxelos que saen da mesma invaxinación. O flaxelo anterior é lamelado con mastigonemas, e o posterior nu. O anterior bordea pola parte traseira a célula, por un afundimento ventral da célula. Ao contrario doutros heterocontófitos, as rafidófitas non posúen puntos de fotorecepción, puntos "oculares", que pola contra son comúns neste grupo.[3]
As rafidófitas aparecen en múltiples ecosistemas acuáticos. Nos sistemas fluviais, é máis habitual que aparezan en augas doces máis ácidas, como o son as pozas. As especies mariñas adoitan formar parte dos afloramentos do verán en sistemas costeiros. Un caso é a súa presenza ligada ás mareas vermellas da costa exterior xaponesa, onde adoitan interromper a pesca malia que non producen afloramentos tóxicos.
Os grupos máis próximos son as Eustigmatophyceae e as Chrysophyceae.[3]
Especies mariñas
editarAs especies mariñas son eurialinas e euritérmicas, co cal persisten en amplas condicións de salinidade e temperatura.[3]
Moitas das especies mariñas producen neurotoxinas. Toxinas que producen, como a brevetoxina, afectan aos peixes despolarizando os nervios que controlan o ritmo cardíaco, reducindo a presión sanguínea e transporte de osíxeno, co que se acaba na súa morte. A mortalidade de peixes pola asociados a mareas vermellas dáse nas costas xaponesas por especies do xénero Chattonella e Heterosigma, durante o período de estratificación das augas cálidas do verán. Outro caso de toxicidade é o de Heterosigma na costa de Rhode Island cando as concentracións de nitróxeno son baixas.[3]
Especies de augas doces
editarAs rafidófitas aparecen frecuentemente nos fondos con lama e pozas, onde as macrófitas son abundantes. Especies como as do xénero Vacuolaria teñen unha fase libre na columna de auga, onde teñen unha forma oval e flaxelos que saen do súa zona ventral, e outra en estado aletargado, onde teñen unha forma esférica e viven dentro dunha matriz xelatinosa.[3]
Ciclo de vida
editarEspecies como Chattonella antiqua seguen un ciclo de vida cunha fase haploide e outra diploide. Os cistes que forman son haploides e xermolan dando células haploides flaxeladas e libres. Estas poden diploidizar e continuar o crecemento celular. A poboación pode medrar por mitose. Nesta fase poden iniciar unha meiose e enquistarse, na fase haploide.[3]
Clasificación
editarA posición deste grupo mudou ao longo das clasificacións. Teñen sido clasificadas como unha orde de cloromónadas dentro de fitoflaxelados.[4] Téñense clasificado a canda as Xanthophyceae e as Eustigmatophyceae dentro da división de Xanthophyta.[5] Tamén, téñense clasificado ligándoas coas Chrysophyceae, Dinophyceae ou Cryptophyceae.[6]
A última clasificación é a seguinte:[7][8]
- Clase Raphidophyceae Chadefaud 1950 emend. Silva 1980 s.l. [Raphidomonadea Silva 1980 emend. Cavalier-Smith 2013]
- Xénero Psammamonas Grant et al. 2013
- Xénero Chloromorum Tomas et al.
- Subclase Raphopoda Cavalier-Smith 2013
- Orde Commatiida Cavalier-Smith 1997
- Familia Commatiidae Cavalier-Smith 2013
- Xénero Commation Thomsen & Larsen 1993
- Familia Commatiidae Cavalier-Smith 2013
- Orde Actinophyrida Hartmann 1913 [Actinophrydia Kühn 1926; Actinophrydea Hartmann 1913]
- Familia Actinosphaeriidae Cavalier-Smith 2013
- Xénero Actinosphaerium Ritter von Stein 1857 [Camptonema Schaudinn 1894; Echinosphaerium Hovasse 1965]
- Familia Helioraphidae Cavalier-Smith 2013
- Xénero Heliorapha Cavalier-Smith 2013
- Familia Actinophryidae Dujardin 1841
- Xénero Actinophrys Ehrenberg 1830 [Trichoda Müller 1773 nomen oblitum; Peritricha Bory de St.Vincent 1824 nomen dubium non Stein 1859]
- Familia Actinosphaeriidae Cavalier-Smith 2013
- Orde Commatiida Cavalier-Smith 1997
- Subclase Raphidophycidae Cavalier-Smith 2013 [Chloromonadophyceae Rothmaler 1951; Raphidophyta]
- Orde Raphidomonadales [Chattonellales Throndsen 1993; Chloromonadida; Chloromonadales; Raphidomonadida Heywood & Leedale 1983; Chloromonadina Klebs 1892]
- Xénero Viridilobus Demir-Hilton et al. 2012
- Familia Fibrocapsaceae Cavalier-Smith 2013
- Xénero Fibrocapsa Toriumi & Takano 1973
- Familia Haramonadaceae Cavalier-Smith 2013
- Xénero Haramonas Horiguchi 1996
- Familia Chattonellaceae Throndsen
- Xénero Oltmannsia Schiller 1925
- Xénero Chlorinimonas Yamaguchi et al. 2010
- Xénero Heterosigma Hada 1967 ex Hara & Chihara 1987
- Xénero Chattonella Biecheler 1936 [Hornellia Subrahmanyan 1954; Hemieutreptia Hada 1974]
- Familia Vacuolariaceae
- Xénero Swirenkoiamonas Skvortzov 1968
- Xénero Vacuolaria Cienkowski 1870
- Xénero Merotricha Mereschkowsky 1877
- Xénero Gonyostomum Diesing 1866
- Orde Raphidomonadales [Chattonellales Throndsen 1993; Chloromonadida; Chloromonadales; Raphidomonadida Heywood & Leedale 1983; Chloromonadina Klebs 1892]
Notas
editar- ↑ Herbert Graffius, J. (1966). "Additions to Our Knowledge of Michigan Pyrrhophyta and Chloromonadophyta". Transactions of the American Microscopical Society 85 (2): 260–270. JSTOR 3224637. doi:10.2307/3224637.
- ↑ Hoek, C. van den, Mann, D. G. and Jahns, H. M. (1995). Algae : An introduction to phycology. UK: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-31687-3.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Robert Edward Lee. 2008. Phycology. Fourth edition. Cambridge University Press. isbn: 9780521682770.
- ↑ "RAPHIDIOPHYTA". susqu.edu. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 19 de febreiro de 2017.
- ↑ American Water Works Association (2010). Algae: Source to Treatment. p. 281. ISBN 978-1-61300-116-5.
- ↑ Potter, D; Saunders, G; Andersen, R (1997). "Phylogenetic relationships of the Raphidophyceae and Xanthophyceae as inferred from nucleotide sequences of the 18S ribosomal RNA gene". American journal of botany 84 (7): 966. PMID 21708651.
- ↑ Cavalier-Smith, T; Scoble, J. M. (2013). "Phylogeny of Heterokonta: Incisomonas marina, a uniciliate gliding opalozoan related to Solenicola (Nanomonadea), and evidence that Actinophryida evolved from raphidophytes". European Journal of Protistology 49 (3): 328–353. doi:10.1016/j.ejop.2012.09.002.
- ↑ Guiry, M.D.; Guiry, G.M. (2016). "Raphidophyceae". AlgaeBase. Consultado o 2016-08-26.