Rapaces de Dublín

Rapaces de Dublín é unha novela de Jean Claude Alain escrita en francés co título orixinal de Les enfants de Dublín: Chornique irlandaise. Publicada orixinalmente en 1977, foi traducida ao galego por Raquel Villanueva e publicada en 1990 por SM.

Rapaces de Dublín
Título orixinalLes enfants de Dublin: Chronique irlandaise
Autor/aJean Claude Alain
Ilustrador/aGalicia Lewis Hine
LinguaFrancés
ColecciónGran Angular
Tema(s)Guerra de independencia nacional en Irlanda
EditorialSM
Data de pub.Francia 1977
Galicia 1990
FormatoCapa branda
PáxinasGalicia 151
ISBNISBN 978-84-348-3124-4
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

A historia sitúase ó redor de 1900, na Irlanda que loita pola independencia do seu país fronte ós ingleses. Eamon parte da súa vila natal de pescadores cara a Dublín, xunto co seu amigo Christy, para vingar a morte do seu irmán Evie por man dos ingleses. Tras unha dura viaxe e despois de presenciar unha terrible situación por mor dos Black and Tan (Negro e leonado) chegan á capital e hospédanse na casa da señora Gruffy, que xa acollera a Evie. Xa establecidos, comezan a traballar. Os dous conseguen traballo nunha fábrica de cervexas, aínda que posteriormente Christy comeza a vender xornais na rúa. Así como o principal obxectivo de Eamon era vingar a morte do seu irmán, o de Christy era gañar cartos para comprar unha vivenda para poder compartila coa súa nai.

Eamon comeza a colaborar en distintas misións do Sinn Féin xunto con Paddy e Egan. Christy, mentres vende xornais, coñece a Peter que se acaba convertendo no seu mellor amigo e confidente.

Christy comete o erro de contarlle a Peter todo o que teñen pensado facer os republicanos irlandeses, entre os que se atopan Eamon, Paddy e Egan, contra os ingleses. Peter traizoa o seu amigo e conta toda a información ós ingleses. Por mor diso, vense truncados todos os seus plans, Egan resulta ferido e por último, detido. Finalmente, Christy confesa todo o que sospeitaba e que despois confirmou sobre Peter ós do Sinn Fein. Deixan que Peter se vaia pero facéndolle xurar que non repetiría nunca os feitos. Christy consegue trae-la súa nai e os ingleses e irlandeses asinan un pacto no cal Irlanda queda dividida en dúas metades.

O libro consta nove capítulos.

Personaxes editar

Principais editar

  • Eamon é un rapaz de quince anos que sofre a perda do seu irmán máis vello na guerra. Este feito é o que o leva a marchar a Dublín e loitar pola súa patria. Procede dunha familia pobre dunha vila costeira e cando marcha á cidade comeza a traballar nunha fábrica de cervexa.
  • Christy, amigo de Eamon e procede da mesma vila. Marcha para Dublín co seu amigo en busca dun futuro mellor para el e a súa nai. Alí, primeiro traballa na mesma fábrica de cervexas pero despois vende xornais na rúa. É tímido e traballador.
  • Paddy (Patric) fillo dunha familia que vive nos barrios pobres (slums) de Dublín. Pertence ao Sinn Féin para loitar pola liberdade do seu país e colabora facendo misións secretas.

Secundarios editar

  • Señora Gruffy acolle a Eamon e Christy na súa estancia en Dublín. É a nai de Paddy, Sean, Bernardette, Millie e Dermot. É unha persoa xenerosa e preocúpase polos seus.
  • Sean fillo máis vello da familia Gruffy. Traballa xunto co seu pai na fábrica de cervexa Guinness.
  • Bernardette ten dezaoito anos e traballa nunha fábrica de tecidos. É a prometida de Egan.
  • Peter é un home duns vinte e sete anos moi amigo de Christy, pero que ó final acaba por traizoalo. Vive nunha elegante casa.
  • Evie irmán máis vello de Eamon que morre na guerra. Antes da súa morte, vivía en Dublín na casa da señora Gruffy. Era case coma un fillo para ela.
  • Egan prometido de Bernardette, tamén participa no Sinn Féin. Resulta ferido polos ingleses nunha misión por culpa das confesións de Peter. Ó final lévano preso.