Rankings FIBA de seleccións

Os Rankings FIBA de seleccións son unhas clasificacións de seleccións nacionais feitas pola FIBA. Hai dous tipos de clasificacións, a masculina, a feminina e o combinado.

CálculoEditar

Para o cálculo das clasificacións tan só se teñen en conta torneos FIBA con partidos de cinco contra cinco. Non se teñen en conta amigables, torneos rexionais, ou torneos de baloncesto tres contra tres.[1]

O 11 de outubro de 2017, a FIBA mudou radicalmente o sistema de clasificación para as seleccións masculinas, trocando un sistema baseado previamente nas competicións, a un sistema baseado nos partidos. Nos cálculos inclúense todos os partidos xogados por unha selección nos últimos oito anos, incluíndo o Campionato do Mundo, Olimpíadas, campionatos continentais, e roldas de clasificación para estes eventos.[2]

Puntos por encontroEditar

Cada partido dun torneo incluído no cálculo da clasificación está valorado en 1000 puntos base, que se dividen entre os dous equipos da seguinte maneira:

Marxe de vitoria Puntos para o gañador Puntos para o perdedor
Menos de 10 puntos
600
400
10–19 puntos
700
300
Máis de 20 puntos
800
200
Abandono
1000
0

Ponderación dos eventosEditar

Ata o ano 2016, a ponderación das competicións internacionais foi a seguinte:

Campionatos
no ciclo
Campionato Ponderación
2 Campionato do Mundo de Baloncesto 5
2 Xogos Olímpicos 5
4 AfroBasket 0.2
4 FIBA AmeriCup 0.8
4 FIBA Asia Cup 0.3
4 EuroBasket 1
4 Campionato FIBA Oceania 0.1

Dende 2017, a ponderación é a seguinte:

Campionato Ponderación
Campionato do Mundo de Baloncesto 2.5
Xogos Olímpicos 2.0
AfroBasket 0.3
FIBA AmeriCup 0.8
FIBA Asia Cup 0.4
EuroBasket 1.0

Clasificación das seleccións femininasEditar

Para o cálculo da clasificación das seleccións femininas, a FIBA segue utilizando o sistema baseado en competicións, usado ata 2016 para a clasificación masculina. A FIBA anunciou que nun futuro indeterminado a clasificación feminina calcularase dunha forma similar á clasificación masculina.

Clasificación de seleccións masculinasEditar

Top 20 FIBA a 26 de febreiro de 2019[3]
Pos. Cambio Equipo Puntos
1     Estados Unidos 793.7
2     España 703.4
3     Francia 650.2
4     Serbia 645.4
5     Arxentina 626.5
6     Lituania 623.0
7     Eslovenia 621.9
8     Grecia 602.2
9     Croacia 582.9
10   1   Rusia 525.3
11   1   Australia 515.0
12     Brasil 510.4
13     Italia 492.9
14     México 489.9
15     Letonia 464.9
16     Porto Rico 458.7
17     Turquía 444.1
18     República Dominicana 434.8
19     Ucraína 425.2
20     Venezuela 410.1
Clasificación completa en FIBA.basketball

Clasificación de seleccións femininasEditar

Top 20 FIBA a 1 de outubro de 2018[4]
Pos. Cambio Equipo Puntos
1     Estados Unidos 1000.0
2   España 690.0
3   1   Australia 597.0
4   1   Francia 550.0
5     Canadá 381.0
6   1   Turquía 353.0
7   3   China 287.0
8     Serbia 278.0
9   Brasil 218.0
10   3   Xapón 184.0
11     Rusia 154.0
12   6   República Checa 152.0
13   1   Belarús 138.0
14     Cuba 127.8
15   Arxentina 119.2
16   12   Bélxica 105.0
17     Senegal 102.0
18   2   Corea do Sur 92.5
19   15   Nixeria 76.6
20   2   Angola 75.6
Clasificación completa en FIBA.basketball

NotasEditar

  1. "FIBA.com: How it works". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2016. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  2. "FIBA World Ranking Men, presented by Nike — How it works". FIBA. Consultado o 12 October 2017. 
  3. "FIBA Ranking Presented by Nike". FIBA. Consultado o 27 de febreiro de 2019. 
  4. "FIBA Ranking for Women". FIBA. Consultado o 1 de novembro de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar