Randy Noll

baloncestista estadounidense

Randy Noll, nado o 5 de decembro de 1949 en Villa Hills, Kentucky, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense.

Infotaula de personaRandy Noll
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Kentucky, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Club Baloncesto Breogán Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Nado en Villa Hills, Kentucky, Randy Noll estudou no instituto Covington Catholic, pasando posteriormente á univerisdade de Kentucky. Ao ano seguinte mudaría para xogar os seus dous últimos anos universitarios no equipo da universidade de Marshall. Posteriormente preséntase ao Draft da NBA, onde é elixido na sexta rolda (posto golbal 88) polos Atlanta Hawks. Con todo, segue a xogar un ano máis en Marshall antes de volver ao draft, onde esta vez é elixido polos Buffalo Braves (hoxe Los Angeles Clippers) na quinta rolda (posto 72 global). Ao ano seguinte decide xogar en Europa, asinando polo Club Baloncesto Breogán de Lugo, recentemente descendido da Primeira División. Co equipo lucense consegue unha media de máis de 28 puntos por partido, destacando as súas actuacións ante o Vallehermoso (51 puntos), Natación Pacense (45 puntos), San Viator (40 puntos) e Rayo Vallecano (42 puntos). Finalmente axuda ao seu equipo a regresar á Primeira División con 25 puntos obtido na final ante o La Casera Lugo. Randy Noll posúe a maior marca de puntos conseguida por un xogador do Breogán nun só encontro con 51 puntos. Este récord conseguiuno na derrota por 102 a 101 do seu equipo ante o Vallehermoso o 17 de novembro de 1974.[1]

Equipos

editar
  1. Fernández, Cipriano. El cincuentenario del Breogán [O cincuentenario do Breogán]. pp. 52–55. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar