Rana é un xénero de anfibios anuros, o tipo da familia dos ránidos (Ranidae), cuxas especies habitan na Eurasia temperada até a Indochina e no oeste de Norteamérica.[1] As súas especies caracterízanse por teren a cintura delgada e a pel rugosa, e moitas posúen finas estrías que percorren as costas, aínda que carecen das verrugas típicas dos sapos. Son excelentes saltadoras debido ás súas longas e esveltas ancas. A membrana interdixital típica de das súas patas posteriores permítenlles unha natación fácil e, en terra, dar grandes saltos. Adoitan seren de cor verde, parda ou parda avermellada, con manchas negras e amareladas polo dorso e máis pálidas polo ventre.

Moitas das ras deste xénero crían a principios da primavera, aínda que as especies tropicais e subtropicais o fan durante todo o ano. Os machos da maioría das especies croan, pero crese que os dunhas poucas son mudos. As femias desovan formando grandes masas ou agregados globulares, alcanzando postas de até 20 000 ovos.

Sistemática

editar

O xénero Rana foi descrito por Linneo en 1758. A especie tipo é Rana temporaria Linnaeus, 1758.

Houbo moitos cambios na súa taxonomía, sobre todo desde 1990. Moitas especies que formaban parte del foron clasificadas en até 12 xéneros distintos dentro da familia Ranidae e 2 xéneros máis na familia Discoglossidae.

Rana está restrinxido hoxe ás chamadas "ras verdadeiras" do Novo Mundo (true frogs en inglés) e ás eurasiáticas "ras pardas" do grupo da ra vermella (Rana temporaria).

Os xéneros que recentemente se separaron de Rana son:[1]

Familia Ranidae

Familia Dicroglossidae

De entre todos xéneros da familia Ranidae, Odorrana está tan estreitamente relacionado con Rana que non sería raro que volveran a unirse nun só xénero. Os demais parecen estar moito máis afastados, sobre todo Pelophylax, ao que pertence a Pelophylax perezi (sinónimo Rana perezi), a ra común.

Especies

editar

Na actualidade este xénero está composto por 48 especies.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Amphibian Species of the World 5.3, an Online Reference" (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2012. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Cai, Hong-Xia et al. (2007): "Paraphyly of Chinese Amolops (Anura, Ranidae) and phylogenetic position of the rare Chinese frog", Amolops tormotus. Zootaxa 1531: 49–55.
  • Dubois, A., e A. Ohler (1995): "Frogs of the subgenus Pelophylax (Amphibia, Anura, genus Rana): a catalogue of available and valid scientific names, with comments on the name-bearing types, complete synonymies. proposed common names, and maps showing all type localities", in Ogielska, M. (Ee.): II International Symposium on Ecology and Genetics of European water frogs, 18-25 de setembro de 1994, Wroclaw, Poland. Zoologica Poloniae 39 (3-4): 139-204.
  • Frost, Darrel R. (2009): Amphibian Species of the World: an Online Reference. Versión 5.3. Electronic Database. American Museum of Natural History, Nova York, EUA.
  • Hillis, D. M. (2007): "Constraints in naming parts of the Tree of Lif"e. Mol. Phylogenet. Evol. 42: 331–338.
  • Hillis, D. M. e T. P. Wilcox (2005): "Phylogeny of the New World true frogs (Rana). Mol. Phylogenet. Evol. 34 (2): 299–314.
  • Matsui, Masafumi (2007): ·Unmasking Rana okinavana Boettger, 1895 from the Ryukyus, Japan (Amphibia: Anura: Ranidae). Zool. Sci. 24: 199–204.
  • Stuart, Bryan L. (2008): "The phylogenetic problem of Huia (Amphibia: Ranidae). Mol. Phylogenet. Evol. 46 (1): 49-60.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar