Abrir o menú principal

Ramzan Akhmadovich Kadyrov (en ruso: Рамза́н Ахма́тович Кады́ров, en checheno: Къадар Ахьмат-кIант Рамзан), nado o 5 de outubro de 1976 é o Presidente da República de Chechenia e antigo membro do movemento checheno de independencia.

Ramzan Kadyrov
Ramzan Kadyrov December 2011-1.jpeg
Nacemento5 de outubro de 1976
 Akhmad-Yurt, Kurchaloyevsky District, Chechen Republic
NacionalidadeUnión Soviética, República Chechena de Ichkeria e Rusia
EtniaPobo checheno
RelixiónSunnismo, Sufismo e Qadiriyya
Ocupaciónpolítico e militar
PaiAkhmat Kadyrov
Naisen etiquetar
PremiosMedalha de Júkov, Medal "In Commemoration of the 300th Anniversary of Saint Petersburg", Héroe da Federación Rusa, Order "For Merit to the Fatherland" IV class, Ordem de Honra, Orde da Coraxe, Medalla conmemorativa do 850 aniversario de Moscova, Medal for services in conducting the population census, Medal "For the Return of Crimea", Order in memory of Akhmad Kadyrov, Medalha do Jubileu "50 anos de vitória na Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Medal "For Distinction in the Protection of Public Order", sen etiquetar, medal for military valour, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, Medalla 10 anos de Astana, sen etiquetar, Order of Friendship - Belarus e sen etiquetar
Signature of Ramzan Kadyrov.png
editar datos en Wikidata ]
Kadyrov no 2014.

É o fillo do antigo presidente checheno Akhmad Kadyrov, que foi asasinado en maio de 2004. En febreiro de 2007, Kadyrov substituíu a Alu Alkhanov como Presidente, o cal ocorreu pouco despois de cumprir 30 anos, que é a idade mínima que se precisa para ocupar o posto. Estivo involucrado en violentas loitas de poder cos señores da guerra Sulim Yamadayev e Said-Magomed Kakiev pola autoridade militar, e con Alu Alkhanov pola autoridade política.

Ramzan Kadyrov é membro de honra da Academia Rusa de Ciencias Naturais.[1] Fundou o Club de Loita Akhmat e estabeleceu o torneo de estilo libre Ramzan Kadyrov & Adlan Varayev. Dende novembro de 2015 é membro da Comisión Consultiva do Consello de Estado da Federación Rusa.[2][3]

En abril de 2017, xurdiron informes que confirman que os homes homosexuais de Chechenia estaban a ser arrestados, detidos en campos de concentración, e torturados como parte dun pogrom rexional.[4] Kadyrov prometeu "eliminar" a poboación homosexual de Chechenia antes de que remate o mes de maio de 2017.[5]

NotasEditar

  1. Люпхъ Лярхякюбяйюъ (19 de xaneiro de 2006). Lenta, ed. "Йюбйюг: Юйюделхй, Гюыхрмхй Х Опнярн Бнкьеамхй". Consultado o 8 de abril de 2011. 
  2. "Рамзан Кадыров включен в состав консультативной комиссии Госсовета РФ". ИА REGNUM. Consultado o 15 de maio de 2016. 
  3. "Ramzan Kadyrov becomes new member of Advisory Commission of RF State Council". Consultado o 15 de maio de 2016. 
  4. "‘They Starve You. They Shock You’: Inside the Anti-Gay Pogrom in Chechnya". The New York Times. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  5. "Chechnya's President vows to eliminate gay population by the end of May". Attitude. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2017. Consultado o 25 de abril de 2017. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar