Ramón Yáñez Pereira

guerrilleiro antifranquista galego

Ramón Yáñez Pereira, coñecido como Enrique ou Médico, nado en Monforte de Lemos en 1902 e finado en Celanova o 13 de xullo de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaRamón Yáñez Pereira
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor em Wikidata
Monforte de Lemos, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xullo de 1943 Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
Ansemil, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Na II República era policía en Barcelona, traballaba para a Generalitat. Antes da ocupación de Barcelona polas tropas franquista, marchou a Francia a finais de decembro de 1938. Volveu a Monforte de Lemos e logo trasladouse a Ribadavia onde traballou como recadador de contribucións ata xullo de 1940. Fuxiu cando o ía deter a policía e marchou a Portugal instalándose en Castro Laboreiro. Formou parte do grupo capitaneado por José Rodríguez Páramo xunto coa súa compañeira Rosa Alves "A Africana". Foi morto pola policía en Caseta de Ansemil (Celanova) o 13 de xullo de 1943.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Alonso Santos, Román (2016). Saltando a raia. Guerrilla republicana no suroeste ourensán (1939-1943). Ponteareas: Novas do Eixo Atlántico. pp. 130–131, 239–244. ISBN 978-84-608-9994-5. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 141. ISBN 84-8485-231-8.